Década de 690
Primeiro milenio | |||||
Século VII | |||||
| |||||
|
690
- Artigo principal: 690.
Asia
- Wu Zetian proclámase « emperador » da China (até 705). Adopta o nome de Shengshen e funda a dinastía Zhou, que interrompe a Tang.
- Jitō, emperatriz, convértese no monarca 41º do Xapón, aínda que xa viña exercendo como rexente desde 686.
Europa
- Ina, ascende ao trono de Wessex, Gran Bretaña (até 726; m. 730).
691
- Artigo principal: 691.
- Centos de miles de familias son trasladadas, á forza, dos arredores de Chang'an para Lo-yang, no Oriente da China, para acelerar a colonización desas terras.
Arte e cultura
- Construción da mesquita de Omar (Qubbat as-Sakhra) ou da Rocha, en Xerusalén.
692
- Artigo principal: 692.
693
- Artigo principal: 693.
Europa
- Hispania visigoda: celébrase o XVI Concilio de Toledo, no reinado de Éxica.
Oriente Próximo
- O califa omeia Abd Al-Malik evía unha expedición contra A Meca, que asedia a cidade por varios meses. Tomada a cidade, Abd Allah ibn Zobair é executado, manténdose a unidade do Imperio árabe.
694
- Artigo principal: 694.
Asia Oriental
- O maniqueísmo é introducido na China, orixinando o mingjiao.
Oriente Próximo
Europa Occidental
- Hispania - XVII Concilio de Toledo, so o rei visigodo Éxica.
695
- Artigo principal: 695.
África
- Os musulmáns toman a cidade de Cartago, no Norte africano, que os bizantinos recobrarán pouco tempo despois.
- Revolta no sultanato de Omán: os vencidos, so dirección do príncipe Hamza, emigran para o Zenj (nome árabe de África oriental)
Imperio Bizantino
- Xustiniano II é deposto do trono imperial. Como castigo o nariz e parte da lingua sonlles mutilados, polo que será alcuñado Rhitnometos. Foxe, refuxiándose entre os búlgaros.
696
- Artigo principal: 696.
- O califa Abd Al-Malik impón a lingua árabe como idioma oficial da administración.
697
- Artigo principal: 697.
África
- Comeza o reinado de Merkurios de Makuria, rei de Dongola (ou Makuria), en Nubia (até 710).
Asia
Europa
- Paolo Lucio Anafesto é elixido 1º dogo de Venecia.
- Hispania - O rei visigodo Éxica dá o goberno da Gallaecia ao seu fillo Vitiza, que inaugura corte en Tui e Braga, e intitúlase príncipe. O carácter do principado mesmo pode ser o dun rei asociado, pois cúñanse moedas coas lendas "Egica rex, Vitiza rex. Concordia regni", frase a última que alude aos reinos visigodo e suevo.
- Eochaid II ascende ao trono de Dalriada, sucedendo a Ferchar II, mais falece ao pouco tempo, subindo entón ao trono Ainbcellach (até 698).
698
- Artigo principal: 698.
Asia
- Dae Jo-young funda o reino de Balhae, que durará até 926.
Europa e Mundo Mediterráneo
- Os musulmáns toman definitivamente Cartago e fundan a cidade de Tunes.
- Tiberio III depón a Leoncio, e pasa a ser o novo emperador de Bizancio (até 705).
- Fiannamail sobe ao trono de Dalriada (até 700).
699
- Artigo principal: 699.
Asia
- Bökö unifica os turcos Gök occidentais e orientais.
- O gobernador de Iraq, Al-Hajjaj desfai a revolta dos kharijís, que lideraba Ibn Al-Ash'ath.