Ina
| |||
Mapa | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Localización de Ina na prefectura de Nagano | |||
![]() | |||
Localización da prefectura de Nagano no Xapón | |||
Información | |||
País | ![]() | ||
Illa | Honshū | ||
Rexión | Rexión de Chūbu, Rexión de Kōshin'etsu | ||
Prefectura | Prefectura de Nagano | ||
Superficie | 667,81 km2 | ||
Poboación | 71.068 (2009) | ||
Densidade | 106 h/km² | ||
Alcalde | Kashio Osaka |
Ina (伊那市, いなし, Ina-shi) é un concello da prefectura de Nagano no Xapón. Está situado na rexión de Kōshin'etsu, no centro da rexión de Chūbu e ó sur da prefectura, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 667,81 km² e a poboación de 71.068 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 106 h/km².
O concello de Ina limita cos concellos de Ōshika, de Komagane, de Miyada, de Kiso, de Shiojiri, de Minamiminowa, de Minowa, de Suwa, de Chino, de Fujimi (son da prefectura de Nagano); de Minamiarupusu, de Hokuto (son da prefectura de Yamanashi); e de Shizuoka (da prefectura de Shizuoka).
HistoriaEditar
A cidade de Ina foi fundada pola fusión do concello de vila de Ina e cinco concello de aldea en 1 de abril de 1954.