Década de 550
década do século VI
Primeiro milenio | |||||
Século VI | |||||
| |||||
|
550
- Artigo principal: 550.
- Comezo probábel do reinado do monarca dos suevos Carriarico (até 559).
551
- Artigo principal: 551.
- Batalla de Sena Gallica - O ostrogodo Tótila é vencido polos bizantinos na localidade italiana homónima do combate.
- O rei visigodo Axila I fracasa no seu intento por tomar a cidade de Córdoba (os visigodos apenas si tiñan algunhas gornicións na Bética, ademais de que o rei só era apoiado por unha parte da nobreza).
- A cidade de Beirut é destruída por un terremoto, que causou 30000 mortos.
Arte e cultura
O historiador godo Xordanes remata dúas obras de historia: De origine actibusque Getarum ("Sobre a orixe e feitos dos getas") e máis De summa temporum vel origine actibusque gentis Romanorum ("Sobre a remota era ou orixe e feitos dos romanos").
552
- Artigo principal: 552.
Asia
553
- Artigo principal: 553.
Asia
- Península de Corea: Seong, rei de Baekje, ataca os reinos de Goguryeo e de Silla.
Mundo Mediterráneo
- Italia: Prosegue a campaña dos bizantinos contra os ostrogodos.
- Outubro - Batalla do Monte Lactario: o xeneral bizantino Narsés derrota os ostrogodos, mandados por Teia, sucesor de Totila, nas proximidades do monte Vesuvio, logo de duros combates durante dous días (algúns autores marcan a data en 552).
Arte e cultura
- Xustiniano, emperador bizantino, ordena destruír o templo de Isis na illa de Filé, en Exipto.
554
- Artigo principal: 554.
- Hispania: Atanaxildo é proclamado monarca dos visigodos (até 567), con apoio dos bizantinos.
- O rei Axila resiste en Mérida.
- Os bizantinos ocupan partes da Bética e da Cartaxinense.
555
- Artigo principal: 555.
556
- Artigo principal: 556.
- Guerra entre francos e saxóns.
- Narsés, xeneral bizantino, desfai un exército dos hérulos entrado en Italia.
- Consagrazón episcopal de Martiño de Dumio.
- Paio I ocupa o trono pontificio, por influxo do emperador Xustiniano, sucedendo a Vixilio, morto o ano anterior (até 561).
557
- Artigo principal: 557.
Asia
- China meridional: Fin da dinastía Liang (502 - 557), ao ser destronado o seu derradeiro monarca, Jing, por Chen Wu Di.
- O xeneral Chen Wu Di funda a dinastía Chen (557 - 589), no Sur da China; toma o nome imperial de Wu e goberna até 559.
- China setentrional: Deposto o emperador Xiaomin, termínase a dinastía Wei Occidental.
- A dinastía Wei Occidental é continuada pola dinastía Zhou Setentrional (até 581), que funda Ming Di (557 - 560).
Arte e cultura
- Un forte sismo derruba a cúpula da basílica de Santa Sofía de Constantinopla.
558
- Artigo principal: 558.
- Conall mac Comgaill tórnase sucesor do trono de Dalriada, Gran Bretaña, logo de Gabhran.
- 23 de decembro - Logo do asasinato de Khildeberto I, rei dos francos, pode Clotario I (até 561) unificar as dos porcións francas nas que estaba dividido o antigo reino
559
- Artigo principal: 559.