Cardo
Cardo é o nome común dun grupo de plantas herbáceas silvestres con follas e inflorescencias espiñentas da cal existen varias especies. A maioría pertencen á familia Asteraceae (asteráceas). Os espiños aparecen por toda a planta –nos talos e nas partes planas das follas; son unha adaptación que protexe as plantas de ser comidas polos animais herbívoros. Tipicamente, as cabezas florais están formadas por unha especie de invólucro en forma de cáliz que abraza os pétalos. O termo cardo emprégase ás veces para nomear as plantas da tribo Cynareae (sin.: Cardueae),[1] especialmente os xénero Carduus, Cirsium, e Onopordum.[2] Porén, algunhas plantas fóra desta tribo coñécense vulgarmente co nome galego cardo. O Dicionario das ciencias da natureza e da saúde[3] di que se chama cardo a diferentes das familias das compostas, dipsacáceas, papaveráceas, solanáceas e umbelíferas, especialmente os xéneros Carduus sp. e Cirsium sp. O cardo asneiro é o emblema floral de Escocia.
O cardo na cultura popular
editarO cardo é a flor nacional de Escocia (especialmente o cardo asneiro) dende hai 700 anos. Segundo a lenda os viquingos que intentaban atacar Escocia á noite, decidiron descalzarse para non facer ruído. Porén acabaron picándose nos cardos e os seus berros de dor alertaron os escoceses[4].
Refraneiro
editarTaxonomía
editarCardos na familia Asteraceae
editarAs plantas con nome vulgar cardo pertencen aos seguintes xéneros incluídos na familia Asteraceae:
- Carduus – cardo de almiscre (Carduus nutans) e outros
- Carlina – cardo cuco (Carlina corymbosa)
- Carthamus – cardo cabreiro (Carthamus lanatus)
- Centaurea – cardo estrelado (Centaurea calcitrapa), entre as que se inclúe Centaurea ultreiae Silva Pando, endemismo na Costa da Morte[7].
- Cicerbita – cardo de serra
- Cirsium – cardos comúns e cardo condidor (Cirsium arvense)
- Cnicus – cardo santo (Cnicus benedictus)
- Cynara – alcachofa e cardo común (Cynara cardunculus)
- Echinops – cardo globoso
- Notobasis – cardo sirio
- Onopordum – cardo asneiro (Onopordum acanthium)
- Scolymus – cardo dourado (Scolymus hispanicus)
- Silybum – cardo leiteiro (Silybum marianum)
- Sonchus – cardos molares (Sonchus oleraceus ou Sonchus asper)
Cardos noutras familias
editarExisten plantas noutras familias que en galego reciben o nome vulgar de cardo:
- A especie Hyoscyamus niger, chamada vulgarmente cardo velliño ou meimendro pertence á familia Solanaceae.
- As especies Eryngium campestre, chamada cardo corredor e Eryngium maritimum, chamada cardo da ribeira, pertencen á familia Apiaceae.
- A especie Dipsacus fullonum (ou Dipsacus sylvestris) o cardo bravo ou cardencha, pertencen á familia Caprifoliaceae.
Notas
editar- ↑ "Cardueae". Tree of Life webproject. Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2023. Consultado o 2012-10-30.
- ↑ "thistle". Merriam-Webster's online dictionary. Consultado o 2007-11-30.
- ↑ A Coruña, Deputación da Coruña, 2000
- ↑ Artigo sobre flores nacionais no Portal das Palabras da RAG
- ↑ Marcial Valladares Núñez (1884): Diccionario gallego-castellano, Santiago, Imp. Seminario Conciliar
- ↑ Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo
- ↑ https://www.quepasanacosta.gal/articulo/costa-da-morte/concentracion-sombra-viraventos/20191014125228113942.html