Cardo da ribeira

especie de planta

O cardo da ribeira[1] (Eryngium maritimum) é unha planta perenne pertencente á familia das apiáceas. É nativa das rexións costeiras de Europa, cultivada frecuentemente en xardinaxe polas súas flores de cor azul metálica. Moi común nas dunas das praias galegas.

Eryngium maritimum
Illustracion
Toda a planta, Meia Praia, Lagos, Portugal
Imaxe tomada en Rewa, Polonia, 2005

Descrición editar

É unha planta vivaz psamófila, é dicir, medra preferentemente en terreos areentos, e conta cunha roseta basal, da que agroman talos duros e espiñentos, dunha característica cor azulada ou prateada, que acadan os 50 centímetros de altura. Estes talos teñen un miolo esponxoso abrancazado. Follas basais de 8x25-5x16 cm, moi coriáceas, máis largas ca longas, suborbiculares, palmatilobadas ou cordadas, con nervios prominentes e con 3-5 lobos espiñentos, sendo o central máis estreito; pecíolo enteiro, uns2/3 alonxitude da lámina. As follas caulinares miden 2–5 cm, ovovadas e con tres lobos apicais espiñentos. Flores azuladas, en grosos capítulos subglobosos de 10-30 x 10–25 mm, dispostos en dicasios ou tricasiso e arrodeados por un envolucro de brácteas oblongo - cuneadas, con 1-3 pares de espiños maiores ca o capítulo e de textura semellante ás follas; os sépalos, 4–5 mm, maiores ca os pétalos, lanceolados, cun nervio central prominente que se prolonga en forma de espiño; pétalos estreitos, erectos, cunha fenda marcada. Froito escamoso. Florean entre xullo e outubro[2].

Hábitat editar

En dunas primarias e secundarias. Acompáñase de gramíneas propias dos sistemas dunares costeiros non estabilizados.

Usos editar

Os talos tenros consómense ocasionalmente coma substituto do espárrago, considerándose afrodisíacos. É lixeiramente doce, e o cheiro lembra ao da cenoura.

Cultura editar

Durante o período isabelino, as raíces confeitadas desta planta foron vendidas coma doces chamados eringoes. Dique ten propiedades afrodisíacas , e neste sentido cítanse por Falstaff nas Alegres comadres de Windsor de Shakespeare :[3]

  • Let the sky rain potatoes;
    let it thunder to the tune of Green-sleeves,
    hail kissing-comfits and snow eringoes,
    let there come a tempest of provocation...

    (William Shakespeare, "The Merry Wives of Windsor", Act 5, scene v)

Nomes comúns editar

Alén de cardo da ribeira, tamén recibe os nomes de cardo bravo e cardo marítimo.[4]

Taxonomía editar

Eryngium maritimum foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 233. 1753.[5]

Citoloxía

Número de cromosomas de Eryngium maritimum (Fam. Umbelliferae) e táxones infraespecíficos: 2n=16[6]

Etimoloxía

Eryngium: nome xenérico que probabelmente fai referencia á palabra que lembra ao ourizo: "Erinaceus" (especialmente desde o grego "erungion" = "ción"), senón que tamén podería derivar de "eruma" (= protección), en referencia ás follas espiñentas das plantas deste tipo.

maritimum: epíteto latino que significa "marítimo, mariño, achegado á beiramar".[7]

Sinonimia
  • Eryngium marinum Garsault[8]

Notas editar

  1. Nome vulgar galego no dicionario da RAG (http://www.portaldaspalabras.org/buscador?palabra=cardo&sinom=0&homonimo= Arquivado 07 de abril de 2014 en Wayback Machine.) e en numerosas fontes: Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2000; Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004
  2. Web de Asturnatura - http://www.asturnatura.com/especie/eryngium-maritimum.html
  3. William Shakespeare. Open Knowledge Foundation, ed. "The Merry Wives of Windsor". Open Shakespeare. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2010. Consultado o 01 de abril de 2014. 
  4. en Dicionario de dicionarios (DdD)
  5. "Cardo da ribeira". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 30 de setembro de 2012. 
  6. Chromosome studies in some Mediterranean and south European flowering plants. Larsen, K. (1956) Bot. Not. 109(3): 293-307
  7. en Epítetos Botánicos
  8. Cardo da ribeira en PlantList

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  1. Gleason, H. A. 1968. The Choripetalous Dicotyledoneae. vol. 2. 655 pp. In H. A. Gleason Ill. Fl. N. U.S. (ed. 3). New York Botanical Garden, Nova York.
  2. Gleason, H. A. & A.J. Cronquist. 1991. Man. Vasc. Pl. N.E. U.S. (ed. 2) i–910. New York Botanical Garden, Bronx.
  3. Mathias, M. E. & L. Constance. 1941. A synopsis of the North American species of Eryngium. Amer. Midl. Naturalist 25(2): 361–387.
  4. Radford, A. E., H. E. Ahles & C. R. Bell. 1968. Man. Vasc. Fl. Carolinas i–lxi, 1–1183. University of North Carolina Press, Chapel Hill.

Ligazóns externas editar