Cardo corredor
Cardo corredor | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Eryngium campestre | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Eryngium campestre L., Sp. Pl., 1: 232, 1753 [1] | |||||||||||||||
Variedades | |||||||||||||||
O cardo corredor[1] Eryngium campestre, é unha planta herbácea perenne da familia Apiaceae (Umbelliferae).
Descrición
editarÉ unha planta espiñenta de talo erecto e moi ramificado que pode medrar até uns 70 cm de altura, porén, as súas raíces son moi longas e poden chegar a medir uns 5 m. As súas follas están cubertas de espiños e divididas en lobos. As súas flores, de cor azulada, reúnense en capítulos arrodeadas por un invólucro composto de 5 ou 6 brácteas. O seu froito é un aquenio de 2 mericarpios uniloculares.
Hábitat
editarÉ unha especie común en Europa central e occidental, o norte de África, Medio Oriente e o Cáucaso. Dáse principalmente en terreos secos e planos, especialmente nas beirados dos camiños e en leiras de cultivo desleixadas. A este cardo está asociada, mediante micorrizas, o cogomelo de cardo (Pleurotus eryngii), de gran valor culinario. Moi a miúdo, é obxecto de parasitismo por varias especies de Orobanche, en particular Orobanche amethystea (que, por isto mesmo, ten como sinonimia - entre outras - Orobanche eryngii).
Ciclo de vida
editarÉ unha planta perenne do tipo vivaz, é dicir, a parte aérea morre despois de se reproducir e só persiste a raíz tuberosa até a primavera seguinte, en que regroman o talo e as follas. É unha planta estepicursora, pois as inflorescencias despréndense ao morrer os talos e de alí orixinouse o nome de "cardo corredor", pois pola acción do vento arrastran tanto os talos mortos como os capítulos secos. Deste xeito, facilítase a dispersión das sementes e incluso a colonización de novos ambientes. Florea desde fins da primavera (maio no Hemisferio Norte) até inicios do outono (setembro), dependendo do inicio e da lonxitude desta etapa do clima e a latitude.
Usos
editarNon se cultiva, pola contra, combáteselle cando invade terreos destinados ao pastoreo ou a produción de forraxe. A pesar disto, é bastante apreciado porque as súas raíces son o hábitat do fungo Pleurotus eryngii, chamado cogomelo de cardo, que nos países mediterráneos se recolecta para o consumo humano; por iso a planta recibe o nome de "cardo cogomeleiro". Ademais, na herbolaria tradicional atribúenselle propiedades diuréticas r cicatrizantes, as súas follas tenras e a súa raíz poden consumirse en ensaladas e cando se seca pode usarse como enfeite.
Taxonomía
editarEryngium campestre foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum, vol. 1, p. 233, 1753.[2]
Número de cromosomas de Eryngium campestre (Fam. Umbelliferae) e táxones infraespecíficos: 2n=28[3]
Eryngium: nome xenérico que probabelmente fai referencia á palabra que lembra o ourizo: "Erinaceus" (especialmente desde o grego "erungion" = "ción"), senón que tamén podería derivar de "eruma" (= protección), en referencia ás espiñentas follas das plantas deste tipo.
campestre: epíteto que significa "dos campos".
- Eryngium latifolium Hoffmanns & Link ex Willk. & Lange
- Eryngium officinale Garsault nom. inval.
- Eryngium trifidum L.
- var. virens (Link) Weins
Notas
editar- ↑ Denominación en galego en Diccionario das ciencias da natureza e da saúde, A Coruña, Deputación da Coruña, 2000
- ↑ "Cardo corredor". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 30 de setembro de 2012.
- ↑ Números cromosomáticos de plantas occidentales, 322-328. Perdigó Arisó, M. T. & M. Llauradó Miravall (1985) Anales Jard. Bot. Madrid 42(1): 227-230
- ↑ Cardo corredor en PlantList
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cardo corredor |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cardo corredor |
Bibliografía
editar- Gleason, H. A. 1968. The Choripetalous Dicotyledoneae. vol. 2. 655 pp. In H. A. Gleason Ill. Fl. N. U.S. (ed. 3). New York Botanical Garden, Nova York.
- Gleason, H. A. & A. J. Cronquist. 1991. Man. Vasc. Pl. N.E. U.S. (ed. 2) i–910. New York Botanical Garden, Bronx.
- Mathias, M. E. & L. Constance. 1941. A synopsis of the North American species of Eryngium. Amer. Midl. Naturalist 25(2): 361–387.
Ligazóns externas
editar- Información e fotografías en Hoseito.com Arquivado 27 de setembro de 2007 en Wayback Machine.