Cyanocorax violaceus

Cyanocorax violaceus é unha especie de ave paseriforme da familia dos córvidos, unha das 17 comprendidas no xénero Cyanocorax, propia de América do Sur, qe se encontra en Bolivia, Brasil, Colombia, Ecuador, Güiana, Perú e Venezuela.

Cyanocorax violaceus pousada baixo a chuvia no leste do Ecuador

TaxonomíaEditar

DescriciónEditar

A especie foi descrita en 1874 polo ornitólogo belga Bernard du Bus de Gisignies.[2][3]

SubespeciesEditar

Na actualidade recoñécense duás subespecies:[2][3]

  • Cyanocorax violaceus pallidus Zimmer & Phelps, 1944
  • Cyanocorax violaceus violaceus Du Bus de Gisignies, 1847

Hábitat e distribuciónEditar

HábitatEditar

O seu hábitat natural son os bosques húmidos das terras baicas tropicais e subtropicais e os bosques antigos degradados.

É principalmente unha ave das terras baixas, aínda que localmente esta pega pode encontrarse a unha altitude de até os 1 350 m.[1]

DistribuciónEditar

Distribúese polo suroeste e o noroeste da conca amazónica, desde o norte de Bolivia, a través da Amazonia oriental do Perú e o Ecuador, a Amazonia colombiana, e a conca do río Orinoco até o norte de Venezuela.

A súa área de distribución está ao leste da cordilliera andina, excepto no norte de Colombia e Venezuela.

CaracterísticasEditar

Cyanocorax violaceus unha pega de tamaño ente mediano e grande (de 33 a 38 cm de lonxitude e un peo duns 262 g) lixeiramente cristada, con plumaxe violeta azulada mate e co rosto e a gorxa máis escuras.

A cabeza, a garganta e a parte superior do peito son de cor negra. Presenta unha banda nucal de cor branca leitosa, que se intensifica a azul violeta opaca no resto da plumaxe. As partes inferiores son máis pálidas e tinxidas de tons agrisados.

A subespecie violaceus (do sueste do Perú e o norte de Bolivia) é máis de cor máis apagada, e a caluga non é máis pálida que o lombo. No leste de Colombia e no sur de Venezuela, a subespecie pallidius distínguese polo seu iris pálido, as súas coberteiras brancas baixo a cola e a punta da cola, a caluga máis pálida e a crista frontal curta.

ComportamentoEditar

Cyanocorax violaceus é unha espcie omnívora, consumindo principalmente froitas, insectos e ovos de aves e réptiles, e incluso pequenos lagartos.

Pouco se sabe do seu ciclo vital. En Venezuela aliméntase principalmente no dosel medio e superior (máis de 18 m) nunha selva tropical perenne. Buscan as súas presas saltando coas patas, e forraxean en bandadas nas copas das árbores do bosque, e raramente permanecen moito tempo nun só lugar. Estas bandadas adoitan seren ruidosas pero, como outras pegas, Cyanocorax violaceus pode ser tranquila e discreta ás veces. Sábese que adoitan escorrentar potenciais depredadores.

Reunidos en grupos de diferentes tamaños, desprázanse polos bosques húmidos, secos, secundarios, de galería e en áreas abertas con árbores illadas.

Seu canto é un pao, iao, comezando en tono baixo e logo subindo e baixando bruscamente.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 BirdLife International (2016): Cyanocorax violaceus na Lista vermella da UICN. Versión 2021. Consultada o 24 de febreiro de 2022.
  2. 2,0 2,1 Cyanocorax violaceus Du Bus de Gisignies, 1847 no GBIF. Consultado o 24 de febreiro de 2022.
  3. 3,0 3,1 Cyanocorax violaceus Du Bus de Gisignies, 1847 no BioLib. Consultado o 24 de febreiro de 2022.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazons externasEditar