Cyanocorax

xénero de aves

Cyanocorax é un xénero de aves paseriformes da familia dos córvidos.[3][4][5]

Cyanocorax yncas
Cyanocorax mystacalis
Cyanocorax yucatanicus inmaturo

Comprende especies propias do Neotrópico que se distribúen desde o sur de Texas a través de México, América Central e do Sur até o centro da Arxentina.[6]

Características editar

As especies do xénero Cyanocorax son paxaros grandes que se encontran sobre todo en terras baixas (C. yncas é a única realmente montana) con corpos máis pesados que as do xénero Cyanolyca. A maioría presenta polo menos unha curta crista frontal. Poden dividirse en dous grupos: o primeiro, maiores, de iris escuro e xeralmente de colorido máis uniforme; o segundo de iris pálido, de patrón máis definido (usualmente de pelaxe branca polas partes inferiores e na punta da cola). Dúas especies, C. cristatellus e C. heilprini parecen ser unha ponte entre os dous grupos. Todos son paxaros atrevidos, vociferantes e, a miúdo, inquisitivos, que buscan o alimento en grupos de seis a oito individuos.[7]

Taxonomía editar

Descrición editar

O xénero foi descrito en 1826 polo zoólogo alemán Friedrich Boie.[3][4]

Etimoloxía editar

O nome científico Cyanocorax está formado polos termos do grego antigo κύανος kýanos "azul escuro" e κóραξ kórax "corvo".[8][9] Literalmente: "os corvos de cor azul escuro".

Sinónimos editar

Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos seguintes sinónimos:[3][5]

  • Cissilopha Bonaparte, 1850
  • Cyanacorax Blyth, 1846

Especies editar

Segundo o ITIS e a Unión Ornitolóxica Internacional na actualidade recoñécense as seguintes 17 especies:[4][10]

Galería editar

Notas editar

  1. Zoonomen Nomenclatural data (2013) Alan P. Peterson. Ver Cyanocorax en Corvidae. Consultado o 23 de decembro de 2021.
  2. Chara Moñuda Cyanocorax chrysops (Vieillot, 1818) en Avibase. Consultado o 23 de decembro de 2021.
  3. 3,0 3,1 3,2 Cyanocorax F.Boie, 1826 no GBIF. Consultado o 23 de decembro de 2021.
  4. 4,0 4,1 4,2 Cyanocorax F. Boie, 1826 no ITIS. Consultado o 23 de decembro de 2021.
  5. 5,0 5,1 Cyanocorax Boie, 1826 no BioLib. Consultado o 23 de decembro de 2021.
  6. Clements, J. F., T. S. Schulenberg, M. J. Iliff, D. Roberson, T. A. Fredericks, B. L. Sullivan & C. L. Wood. (2015): The eBird/Clements checklist of birds of the world: v. 2015. Consultado en: Excel Clements Checklist v. 2015, o 23 de decembro de 2021.
  7. Ridgely Robert &d Guy Tudor (2009): Cyanocorax, p. 517, en Field guide to the songbirds of South America: the passerines – 1st ed. Austin: University Of Texas Press. ISBN 978-0-2927-1748-0.
  8. Holloway, Joel Ellis (2003). Dictionary of Birds of the United States: Scientific and Common Names. Timber Press. p. 79. ISBN 978-0-8819-2600-2. 
  9. Jobling, J. A. (2015). del Hoyo, J.; Elliott, A.; Sargatal, J.; Christie, D. A.; de Juana, E., eds. "Key to Scientific Names in Ornithology". Handbook of the Birds of the World Alive. Barcelona: Lynx Edicions. Arquivado dende o orixinal o 8 de novembro de 2015. Consultado o 23 de decembro de 2021. 
  10. Gill, Frank; Donsker, David, eds. (2018). "Crows, mudnesters, birds-of-paradise". World Bird List Version 8.1. International Ornithologists' Union. Consultado o 25 de decembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar