Cyanocorax cyanomelas

Cyanocorax cyanomelas
Cyanocorax cyanomelas Purplish Jay.JPG
Cyanocorax cyanomelas en Poconé,
Pantanal Norte, Mato Grosso
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Corvidae
Xénero: Cyanocorax
Especie: C. cyanomelas
Nome binomial
Cyanocorax cyanomelas
(Vieillot, 1818)
Área de distribución de Cyanocorax cyanomelas

Área de distribución de Cyanocorax cyanomelas

Cyanocorax cyanomelas é unha especie de ave paseriforme da familia dos córvidos, unha das 17 comprendidas no xénero Cyanocorax, propia de América do Sur, que habita en diversas zonas da Arxentina, Bolivia, o Brasil, Paraguai, o Perú e o Uruguai.

C. cyanomelas. Ilustración de 1838

TaxonomíaEditar

DescriciónEditar

A especie foi descrita por primeira vez en 1818 polo ornitólogo francés Louis Jean Pierre Vieillot,[2][3] baixo o nome Pica cyanomelas.[4]

SinónimoEditar

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polo sinónimo:[4]

Nota taxonómicaEditar

Non presenta subespecies. Posibelmente forma unha superespecie con Cyanocorax caeruleus; aínda que se suxeriu que Cyanocorax violaceus e Cyanocorax cristatellus poderían ser membros da mesma superespecie.[4]

CaracterísticasEditar

É un paxaro grande, mide 37 cm. A coloracion da súa plumaxe é un tanto apagada, nun ton violáceo escuro, coa cabeza e a garganta mouros e a cola de cor violeta máis viva por arriba.[5]

Hábitat e distribuciónEditar

O seu hábitat natural son os bosques secos tropicais ou subtropicais, os bosques húmidos de terras baixas e os bosques antigos degradados.

Distribúese desde o extremo sueste do Perú, norte e leste de Bolivia, Paraguao, suroeste do Brasil, norte da Arxentina e o extremo noroeste do Uruguai.[1][4]

ComportamentoEditar

Vive en bandadas pouco cohesionadas de 8 a 10 individuos, que recorren áreas forestadas e bordos de bosques, frecuentando tamén áreas abertas con árbores dispersos; ás veces baixan ao solo.[5]

Ave inquisidora, investiga calquera perturbación nos seus dominios, formando grupos, ás veces asociados a unha bandada de Cyanocorax chrysops. Acusan forte alarma ante a presenza de intrusos, alertando á fauna sobre a presenza humana ou doutros predadores.[6]

VocalizaciónEditar

Emite un cra, cra, cra rouco e forte mentres está encaramado nas árbores ou durante o voo, que é un tanto pesado.[5]

Estado de conservaciónEditar

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, coniderando que esta especie ten unha área de distribución moi ampla e, polo tanto, non se aproxima ao limiar de vulnerábel baixo o criterio do tamaño da [[área de distribución. A tendencia poboacional parece ser estábel e, polo tanto, non se aproxima ao limiar de vulnerábel segundo o criterio de tendencia poboacional. Aínda que non se cuantificou o tamaño da poboación, non se cre que se aproxime ao limiar de vulnerabel baixo o criterio de tamaño da poboación, polo que cuaifica o status da especie como LC (pouco preocupante).[1]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 BirdLife International (2018): Cyanocorax cyanomelas na Lista vrmella da UICN. Versión 2021-3. Consultada o 24 de febreiro de 2022.
  2. Cyanocorax cyanomelas (Vieillot, 1818) no GBIF. Consultado o 24 de febreio de 2022.
  3. Cyanocorax cyanomelas (Vieillot, 1818) no BioLib. Consultado o 24 de febreio de 2022.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 (Cyanocorax cyanomelas) en IBC - The Internet Bird Collection.
  5. 5,0 5,1 5,2 Ridgely, Robert, Cyanocorax cyanomelas, p. 254, en Gwyne, John, Ridgely, Robert, Tudor, Guy & Argel, Martha (2010): Aves do Brasil Vol.1 Pantanal e Cerrado. Editora Horizonte. ISBN 978-85-8803-129-6.
  6. Tomas Sigrist (2013): Avifauna brasileira: guia de campo Avis Brasilis. São Paulo: Avis Brasilis Editora. ISBN 978-85-6012-025-3, p. 442.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • del Hoyo J., Elliott A., Sargatal J., Christie D.A. & de Juana E. (eds.).: Handbook of the Birds of the World. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-420-2. (Citado como Cyanocorax cyanomelas Vieillot, 1818)
  • Remsen J. V. Jr., Cadena C. D., Jaramillo A., Nores M., Pacheco J. F., Pérez-Emán J., Robbins M. B., Stiles F. G., Stotz D. F. & Zimmer K. J. (2016): "A Classification of the bird species of South America". South American Classification Committee. American Ornithologists' Union.
  • Stotz, D. F., Fitzpatrick, J. W., Parker, T. A. and Moskovits, D. K. (1996): Neotropical Birds: Ecology and Conservation. Chicago: University of Chicago Press. ISBN 978-0-2267-7629-3.

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar