Bernard du Bus de Gisignies
Jonkheer Bernard Aimé Léonard du Bus de Gisignies, nado o en 21 de xuño de 1808 en Sint-Joost-ten-Node, Bruxelas-Capital, e finado o 6 de xullo de 1874 en Bad Ems, Reino de Prusia, foi un nobre neerlandés e máis tarde un político, ornitólogo e paleontólogo belga.
Nome orixinal | (fr) Bernard Amé du Bus de Gisignies |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 21 de xuño de 1808 Tournai, Bélxica |
Morte | 6 de xullo de 1874 (66 anos) Bad Ems |
Presidente Academie Royale De Belgique (pt) | |
1867 – 1867 | |
Senador da Bélgica (pt) | |
1867 – 1874 | |
Director Instituto Real Belga de Ciências Naturais (pt) | |
1846 – 1867 | |
Membro da Cámara de Representantes de Bélxica | |
1835 – 1847 | |
Datos persoais | |
Residencia | Bélxica |
País de nacionalidade | Bélxica |
Educación | State University of Leuven (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Bruxelas |
Ocupación | paleontólogo , político , ornitólogo , coleccionista de arte |
Período de actividade | 1830 - 1874 |
Obra | |
Obras destacables
| |
Abreviatura do autor en zooloxía | Du Bus |
Familia | |
Fillos | Bernard du Bus de Gisignies |
Pai | Leonard du Bus de Gisignies |
Traxectoria
editarBernard du Bus de Gisignies foi o segundo fillo de Leonard Pierre Joseph du Bus de Gisignies. Estudou Dereito na Universidade Estatal de Lovaina, pero pronto se interesou máis pola ornitoloxía.
En 1835 presentou un manuscrito á Real Academia de Bélxica no que describía o paxaro Leptorhynchus pectoralis.
Foi deputado por Soignies (Provincia de Hainaut).
Casou con Petronilla Truyts o 19 de maio de 1845, matrimonio que tivo dous fillos, Bernard Daniel e Chretien.
Foi o primeiro director do Real Instituto Belga de Ciencias Naturais en 1846. Nesta ocasión doou ao Museo desta institución 2 474 aves da súa propia colección.
En 1860, durante a construción de novas fortificacións ao redor de Anveres interesouse pola paleontoloxía. Os fósiles atopados eran principalmente de baleas.
Encontrou dous esqueletos de Balaena mysticetus e un dunha inmatura balea azul (Balaenoptera musculus), que aínda hoxe están expostos no Museo.
Nese mesmo ano encontrouse preto de Lier o esqueleto dun mamut que foi levado ao Museo (onde está expoto dende 1869). Nese momento o único outro esqueleto dun mamut estaba exposto no museo de San Petersburgo.
En 1867 foi nomeado director da sección de ciencias da Real Academia de Bélxica.
Abreviatura
editarA abreviatura Du Bus de Gisignies emprégase para recoñecer a Bernard du Bus de Gisignies como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Véxase tamén
editarBobliografía
editar- Datos biográficos de Bernard Aimé Léonard du Bus de Gisignies Arquivado 27 de abril de 2006 en Wayback Machine. (en neerlandés).
- Heemkundige Kring van Malle, ed. (1980): Camera Obscura op Oost- en Westmalle.
- Bart De Prins, ed. (1999): Leonard du Bus de Gisignies, Heemkundige Kring van Malle.