Balea azul

Mamífero mariño, o meirande animal do mundo
(Redirección desde «Balaenoptera musculus»)

A balea azul,[4] tamén coñecida como rorcual azul,[5][6] Balaenoptera musculus (Linnaeus, 1758), é unha especie de mamífero mariño da orde dos cetáceos, suborde dos misticetos e familia dos balenoptéridos.

Balea azul / Rorcual azul
Balaenoptera musculus

Balea azul femia nco seu baleato

Tamaño en comparación do dun humano
Tamaño en comparación do dun humano

Estado de conservación
En perigo
En perigo[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Eutheria
Orde: Cetacea
Suborde: Mysticeti
Familia: Balaenopteridae
Subfamilia: Balaenopterinae
Xénero: Balaenoptera
Especie: B. musculus
Nome binomial
Balaenoptera musculus
(Linnaeus, 1758)
Distribución da balea azul
Distribución da balea azul

Distribución da balea azul
Subespecies
Referencia:[2]
  • B. m. brevicauda Ichihara, 1966
  • B. m. chilensis Khalaf, 2020
  • B. m. indica Blyth, 1859
  • B. m. intermedia Burmeister, 1871
  • B. m. musculus Linnaeus, 1758
Sinonimia
Referencia:[3]
  • Balaena borealis Fischer, 1829
  • Balaena maximus ?
  • Balaena musculus Linnaeus, 1758 (basónimo)
  • Balaenoptera carolinae Malm, 1866
  • Balaenoptera gigas Reinhardt, 1857
  • Balaenoptera indica Blyth, 1859
  • Balaenoptera jubartes Lacépède, 1804
  • Balaenoptera miramaris Lahille, 1898
  • Balaenoptera sibbaldi Van Beneden, 1887
  • Balaenoptera sibbaldii Flower, 1885
  • Physalus latirostris Flower, 1865
  • Physalus sibbaldii Gray, 1847
  • Pterobalaena gigas Reinhardt, 1857
  • Pterobalaena grypus Munter, 1877
  • Rorqualus boops F. Cuvier, 1836
  • Rorqualus borealis Hamilton, 1837
  • Rorqualus major Knox, 1870
  • Sibbaldius antarcticus Burmeister, 1866
  • Sibbaldius borealis Gray, 1864
  • Sibbaldius musculus Kellogg, 1929

É o maior animal que existe na Terra; algúns exemplares acadaron lonxitudes de 33 m e pesos de 190 t, con tamaños lixeiramente superiores nas femias que nos machos. Estes exemplares de tan gran tamaño, observados na década de 1930, non sobreviviron á caza do home. Na actualidade os exemplares superviventes alcanzan tamaños máis reducidos, duns 25 m.

A decembro de 2005, unha das áreas con maior poboación de baleas azuis é a zona das illas do Atlántico sur.

A subespecie que pode atoparse nas costas das illas Canarias e da Península Ibérica é Balaenoptera musculus musculus, a subespecie tipo.

A simple vista é doada de confundir con outra balea, o rorcual común (Balaenoptera physalus), de dimensións e morfoloxía parecidas, pero cunha cor da pel gris escura ou negra.

Taxonomía e etimoloxía

editar

A especie foi descrita por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae,[7] na que a denominou como Balaena musculus, sendo despois reclasificada dentro do xénero Balaenoptera, descrito por Lacépède en 1804.

O nome específico, musculus, que significa "ratiño" en latín, foi unha broma ou brincadeira científica sobre o tamaño deste animal, xa que en realidade é o mamífero máis grande que existiu xamais.

Anatomía

editar
 
Esqueleto de balea azul, fóra do Laboratorio Mariño da Universidade de California, en Santa Cruz, California, EUA.

O seu ventre moitas veces ten unha cor agrisada ou amarelada por mor da presenza de diatomeas (algas) que se adhiren a el. A súa parte superior e laterais varían de cor dende o azul ao gris azulado. A súa cabeza é moi longa e fina (aproximadamente un terzo da lonxitude total do animal), aínda máis na súa parte superior, con presenza de raias lonxitudinais na garganta. É o balénido con barbas máis longas na súa boca (50 cm de ancho por 100 de lonxitude). Ao non ter dentes, é un misticeto. As barbas penduran da mandíbula superior e serven para filtrar os crustáceos da auga.

Na parte superior da testa posúen dous buracos, chamados aventadores, que lles serven para respirar. Acotío expulsan ar e auga polos aventadores provocando columnas de auga vaporizada de até 9 metros de altura. Os seus pulmóns poden conter cinco mil litros de ar, aproximadamente.

Este animal pode chegar a ter un corazón tan grande como un automóbil pequeno, a súa lingua é tan grande como un elefante adulto e o seu cerebro pesa catro veces máis que o do ser humano, mostrando signos de grande intelixencia.

A identificación dos exemplares faise moitas veces por catalogación de fotografías das súas aletas dorsais, que son proporcionalmente pequenas, e diferentes en cada individuo.

O seu ritmo cardíaco en momentos de esforzo é de tan só 18 a 20 pulsacións por minuto, en contraste coas 120 normais nos humanos en parecidas circunstancias. Nos segmentos máis anchos das arterias dunha balena azul, unha persoa alta podería permanecer de pé (1,80 m de diámetro).

O seu pene chega a 4 metros de longo e a 1 metro de diámetro.

Ecoloxía

editar

As baleas azuis pasan uns oito meses do ano en augas do antártico, onde encontran abundancia de krill e durante os meses do inverno migran para augas máis cálidas onde dan a luz as súas crías.

Poden vivir até os 90 anos en boas condicións. Porén, debido á caza, a media de idade é de 25 anos.

Segundo algúns estudos, os cantos dunha balea azul poderían ser escoitados e entendidos por outros individuos a unha distancia de 4 000 km; porén, o aumento do ruído no mar provocado polas actividades humanas e os seus motores entorpecen esta capacidade.

A súa taxa de natalidade é moi baixa, xa que lles leva sobre uns 10 anos desenvolverse até a madurez e só teñen unha cría nun período de entre 2 a 5 anos.

Alimentación

editar
Artigo principal: Barbas de balea.

Aliméntase fundamentalmente de krill, un pequeno organismo planctónico semellante aos camaróns, outros pequenos crustáceos e algúns diminutos peixes. Para isto, posúen varios centos de placas córneas, as barbas ou baleas, a través das cales filtran a auga do mar e obteñen o seu alimento que queda atrapado entre estas barbas.[8]

Perigo de extinción

editar

Na actualidade os expertos calculan que só quedan uns 1 000 exemplares. A especie estívose cazando case até a extinción para obter aceite (fundindo a súa graxa), a carne e os ósos.

  1. Reilly, S.B., Bannister, J.L., Best, P.B., Brown, M., Brownell Jr., R.L., Butterworth, D.S., Clapham, P.J., Cooke, J., Donovan, G.P., Urbán, J. & Zerbini, A.N. (2008). "Balaenoptera musculus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.1 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 27 July 2013. 
  2. Balaenoptera musculus (Linnaeus, 1758) no ITIS.
  3. Balaenoptera musculus (Linnaeus, 1758) no WoRMS.
  4. Díaz d'a Silva e Cartelle (2007), p. 132.133.
  5. Pérz Alberti, A. dir. (1982), p. 210.
  6. Lahuerta e Vázquez (2000), p. 309.
  7. Caroli Linnæi: Systema naturæ per regna tria naturæ, secundum classses, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Editio decima reformata 1758, Holmiæ, Impensis direct. Laurentii Salvii (Salvius publ.)
  8. Carwardine, M. (1985), pp. 68-71.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar