Criptomeria

especie de planta
(Redirección desde «Cryptomeria japonica»)
Cedro xaponés
Cryptomeria japonica

"Jōmon Sugi", o espécime máis grande de Cryptomeria coñecido, en Yakushima, Xapón.
Estado de conservación
Risco baixo(LR/NT)
Risco baixo
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pinophyta
Clase: Pinopsida
Orde: Pinales
Familia: Cupressaceae
Xénero: Cryptomeria
Especie: C. japonica
Nome binomial
Cryptomeria japonica
(L.f.) D.Don
Sinonimia
  • Cupressus japonica L.f.

A criptomeria ou cedro xaponés, Cryptomeria japonica (L.f.) D. Don, é a única especie de árbore do xénero Cryptomeria.

É unha conífera pertencente á familia das cupresáceas, endémica do Xapón, onde é coñecida co nome xaponés de sugi (杉). En Occidente incrementouse o uso do termo "sugi" para se referir a esta árbore, xa que semella máis axeitado ca o usado antigamente: "cedro xaponés", xa que o "sugi" non é un auténtico cedro (xénero Cedrus).

É unha árbore perennifolia moi grande, acadando 70 m de altura e 4 m de diámetro de toro, con casca vermella acastañada con frecos en tiras verticais. Follas espiraladas, tipo agulla, de 0,5–1 cm de longo; conos de semente globular, de 1–2 cm de diámetro con preto de 20–40 escamas. É superficialmente semellante á relacionada sequoia xigante (Sequoiadendron giganteum (Lindl.) J.Buchholz ), diferenciándose polas follas máis longas (debaixo de 0,5 cm na sequoia xigante) e de conos máis pequenos (4–6 cm na sequoia xigante), e de máis dura cortiza (magra, macía, mol).

A criptomeria xaponesa cultivouse por moito tempo na China, que quizais sexa o seu sitio nativo. As formas seleccionadas son para planta ornamental e produción madeireira.

Hai moito que na China se describiu unha variedade: Cryptomeria japonica var. sinensis (ás veces considerada unha especie distinta, Cryptomeria fortunei Otto & F.Dietr. ), porén non difiren en toda a área do Xapón, ademais de non existir unha evidencia definitiva como para saber o que ocorreu na China.

Galiza

editar

As condicións de Galiza, semellantes en moitos casos coas do Xapón, fan que moitas especies como as camelias se dean moi ben. No caso da criptomeria ocorre o mesmo. Úsase como ornamental, con crecementos espectaculares. De feito algúns exemplares figuran no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia[1]:

Simbolismo e usos

editar
 
Avenida de sugi co "altar Togakushi" en Nagano.
 
Conos de Cryptomeria japonica
 
Toro de Cryptomeria japonica

A criptomeria é a árbore nacional do Xapón, comunmente plantada arredor de templos, con moitas e enormes árbores plantadas séculos atrás. Sargent (1894; The Forest Flora of Japan) conta que Daimyō, un amo feudal que era demasiado pobre para doar unha luz votiva de pedra no funeral do Shōgun Tokugawa Ieyasu (1543–1616) no altar Tōshōgū, permitiu plantar unha avenida de sugi, "para que os futuros visitantes sentisen a protección da calor do sol". A avenida, que aínda existe hoxe en día, ten 65 km de lonxitude e árbores grandiosas.

Emprégase acotío coma árbore forestal, é moi usada en plantíos no Capón e na China. Tamén é empregada como árbore ornamental noutras áreas temperadas, incluíndo Gran Bretaña, Galiza, América do Norte.

Unha forma arbórea ornamental moi popular é o cultivar "Elegans", notáebl por manter a follax xuvenil toda a vida, no canto da follaxe desenvolvida nos adultos, que cambia ano tras ano. É unha árbore arbustivo de 5–10 m de altura.

 
Plantación forestal de Cryptomeria.

A madeira é recendente, de cor vermella rosada, lixeira mais rexa, resistente á podremia na auga. No Xapón úsase en todo tipo de construción.

Ecoloxicamente Cryptomeria é alimento das larvas dalgunhas avelaíñas do xénero Endoclita incluíndo a E. auratus, E. punctimargo, e E. undulifer.

Problemas

editar

O pole de sugi (e de hinoki) é unha importante causa de rinite alérxica no Xapón.

  1. http://www.medioruralemar.xunta.es/areas/conservacion/biodiversidade/arbores_senlleiras/ Arquivado 12 de xuño de 2013 en Wayback Machine. Web da Consellaría de Medio Rural, catálogo de árbores senlleiras.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar