Abrir o menú principal

Yakushima (屋久島?) é unha das Illas Ōsumi pertencente a Prefectura de Kagoshima, Xapón. A illa, cunha superficie de 504´88 km², ten unha poboación de 13.178. O acceso á illa é por transbordador hydrofoil (7 ou 8 veces por día desde Kagoshima, dependendo da tempada), un transbordador lento (unha ou dúas veces por día desde Kagoshima), ou por aire desde o Aeroporto de Yakushima (3 a 5 veces ao día desde Kagoshima, unha vez ao día desde Fukuoka e unha vez ao día desde Osaka). Administrativamente, toda a illa é a cidade de Yakushima. A cidade tamén serve á veciña Kuchinoerabujima. A maioría da illa atópase dentro dos límites do Kirishima-Yaku National Park.

Yakushima
Yakushima en Xapón
Yakushima
Yakushima
Localización da illa
Situación
PaísFlag of Japan.svg Xapón
PrefecturaPrefectura de Kagoshima
ArquipélagoIllas Ōsumi
MarMar da China Oriental - mar de Filipinas (Pacífico)
Coordenadas30°21′31″N 130°31′43″L / 30.35861, -130.52861Coordenadas: 30°21′31″N 130°31′43″L / 30.35861, -130.52861
Xeografía
Superficie504´88 km²
Longura máxima28´3 km.
Largura máxima25´7 km.
Perímetro132 km.
Punto máis alto1.935 m. Miyanouradake
Demografía
CapitalYakushima
Poboación12.000 hab. (1-10-2017)
Densidade24 hab./km²

A illa de Yakushima foi o lugar de probas do fabricante de automóbiles Honda, para o desenvolvemento do seu motor de hidróxeno. A electricidade na illa está producida por unha central hidroeléctrica e o superávit enerxético usouse para producir hidróxeno, así Yakushima é un modelo para unha sociedade totalmente libre de emisións de gases de efecto invernadoiro. (Non hai autos de hidróxeno na illa, pero os autos eléctricos están a cargo do municipio).

Designación como Patrimonio da HumanidadeEditar

Yakushima
 
aku-sugi (Jomon-sugi)
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País  Xapón
TipoNatural
CriteriosVII, IX
Inscrición1993 (17ª sesión)
Rexión da UNESCOAsia e o Pacífico
Identificador662

En 1980, unha área de 18.958 ha designouse como reserva da biosfera pola UNESCO.[1] En 1993, 10 ha de humedal en Nagata-hama designouse como Sitio Ramsar.[2] É o maior lugar de aniñación da tartaruga boba en perigo de extinción no Pacífico Norte.[3][4] O único remanente en Yakushima de bosque antigo tépedo/cálido é Patrimonio da Humanidade natural desde 1993. No núcleo da área (12´19 km²) do Patrimonio da Humanidade, non se pode rastrexar ningún rexistro de corte de árbores no pasado.[5] A illa é visitada por 300.000 turistas cada ano.

XeografíaEditar

Yakushima atópase aproximadamente 61´3 km ao sur do extremo sur de Península de Osumi no sur de Kyushu, ou 135 km ao sur de Kagoshima. O estreito de Vincennes (Yakushima Kaikyō) sepárao da próxima illa de Tanegashima, que alberga o Centro Espacial Xaponés. Os lanzamentos periódicos de foguetes desde Tanegashima pódense ver claramente desde Yakushima.

 
Mapa de Relevo

O leito rochoso da illa é de granito e, como tal, non alberga volcáns activos.[6] Ten unha superficie de aproximadamente 504´5 km². A illa ten unha forma máis ou menos circular, cunha circunferencia de 89 km e un diámetro de 28 km. As elevacións máis altas na illa son Miyanouradake (宮之浦岳), cunha altura de 1.935 m., e Nagatadake (永田岳), cunha altura de 1.886 m sobre o nivel do mar, con todo, Yakushima ten outros 30 picos de máis de 1000 m. de altura. Hai numerosas augas termais na illa.

HistoriaEditar

Yakushima estableceuse desde polo menos o Período Jōmon. Menciónase por primeira vez en documentos escritos da dinastía china Sui do século VI, e na xaponesa Shoku Nihongi nunha entrada fechada no 702. Formaba parte da antiga Provincia de Tane. A miúdo mencionábase nos diarios de viaxeiros entre a dinastía Tang de China e o período Nara do Xapón. Durante o período Edo, Yakushima foi gobernado polo clan Shimazu do dominio Satsuma e considerouse parte da Provincia de Ōsumi. Logo da Restauración Meiji, a illa administrouse como parte da prefectura de Kagoshima. Durante o Tifón Noru (2017) morreu un home en Yakushima.

Demografía e economíaEditar

A poboación de Yakushima alcanzou un pico en 1960 con 24.010 habitantes. A partir de entón, diminuíu ata ao redor de 1.995, pero posteriormente se estabilizó en pouco máis de 13.000 habitantes.

Tradicionalmente, os alicerces económicos da poboación eran a silvicultura e a exportación de produtos de madeira (principalmente tellas de cedro para os tellados) e pesca comercial. O cultivo de laranxas e té, a destilación de shōchū e o turismo son agora as principais fontes de ingresos.

ClimaEditar

Yakushima ten un clima húmido subtropical (Clasificación climática de Köppen Cfa) con veráns calorosos e húmidos e invernos suaves. A precipitación é extremadamente grande, con polo menos 250 mm cada mes e 773 mm só en xuño. Yakushima é o lugar máis húmido do Xapón,[7] e a precipitación anual en Yakushima é unha das máis altas do mundo de 4.000 a 10.000 mm. Os lugareños din que chove "35 días ao mes". Hai períodos máis secos no outono e inverno, mentres que os aguaceiros máis intensos prodúcense na primavera e verán, a miúdo acompañados por deslizamentos de terra. É o lugar máis ao sur de Xapón onde hai neve nas montañas, a miúdo durante meses, mentres que a temperatura do océano nunca está por baixo de 19 °C.

Datos climáticos para Yakushima
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °C 25,3 26,1 29,6 29,8 31,9 34,8 35,2 35,4 34,7 31,0 30,7 25,7 35,4
Media máxima en °C 14,4 15,2 17,5 21,1 24,3 26,8 30,4 30,6 28,7 24,9 20,9 16,6 22,62
Media diaria en °C 11,6 12,1 14,3 17,7 20,8 23,6 26,9 27,2 25,5 21,9 17,9 13,6 19,43
Media mínima en °C 8,7 9,1 11,1 14,2 17,3 20,7 23,7 24,2 22,6 19,0 14,9 10,6 16,34
Temperatura mínima en °C 1,1 0,7 1,5 4,5 9,3 13,7 18,3 19,6 15,2 9,1 5,6 2,2 0,7
Chuvia media mm 272,9 286,7 428,1 421,7 441,0 773,6 311,9 269,0 406,1 299,6 303,9 262,7 4 477,2
Media de días con chuvia (≥ 0.5 mm) 17,4 15,1 17,9 14,2 14,1 18,0 12,1 14,7 14,5 12,5 13,1 15,0 178,6
Humidade relativa media (%) 68 68 71 72 76 83 82 81 79 73 70 68 74,3
Media de horas de sol mensuais 73,7 79,1 107,0 137,9 151,8 115,8 220,8 201,3 145,0 119,9 96,0 84,2 1 532,5
Fonte #1: 平年値(年・月ごとの値)
Fonte #2: 観測史上1~10位の値(7月としての値) (records)

NotasEditar

  1. "Biosphere Reserve Information - Yakushima". UNESCO. Consultado o 29 de abril de 2011. 
  2. "Ramsar Sites in Japan - Yakushima Nagata-hama" (PDF). Ministry of the Environment. Consultado o 24 de marzo de 2011. 
  3. "Introducing places of interest: Kirishima-Yaku National Park". Ministry of the Environment. Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2011. Consultado o 24 de marzo de 2011. 
  4. "Kirishima-Yaku National Park". Natural Parks Foundation. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2011. Consultado o 24 de marzo de 2011. 
  5. "World Heritage Nomination - IUCN Summary" (PDF). UNESCO World Heritage Committee. Consultado o 2008-08-28. 
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2017. Consultado o 18 de novembro de 2017. 
  7. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2017. Consultado o 18 de novembro de 2017. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar