Abrir o menú principal

Cronobacter é un xénero de bacterias gramnegativas, anaerobias facultativas, oxidase-negativas, catalase-positivas, con forma de bacilo da familia Enterobacteriaceae, que poden causar diversas doenzas infecciosas (bacteremias) en humanos. En xeral son motís, reducen o nitrato, usan citrato, hidrolizan esculina e arxinina, e son positivas para descarboxilación da L-ornitina. Producen ácido a partir da D-glicosa, D-sacarosa, D-rafinosa, D-melibiosa, D-celobiosa, D-manitol, D-manosa, L-ramnosa, L-arabinosa, D-trehalosa, galacturonato e D-maltosa. As Cronobacter spp. son xeralmente positivas para a produción de acetoína (proba de Voges–Proskauer) e negativas para a proba do vermello de metilo, que detecta 2,3-butanodiol en vez dunha fermentación ácida mixta.

A especie tipo do xénero é Cronobacter sakazakii comb. nov. Secuenciouse e anotouse o xenoma dunha cepa de Cronobacter sakazakii (BAA-894).[3] De acordo cunha análise de secuencia multilocus (MLSA) o xénero orixinouse hai ~40 millóns de anos, e a especie máis importante clinicamente, C. sakazakii, estaba individualizada hai uns ~15-23 millóns de anos. .[4]

Importancia médicaEditar

Todas as especies de Cronobacter, agás C. condimenti, foron ligadas retrospectivamente a casos clínicos de infeccións en adultos ou nenos pequenos. A maioría dos casos de infección por Cronobacter ocorren en adultos, xeralmente son bacteremias que non foron estudadas en detalle. Porén, a maioría das infeccións en neonatos e nenos pequenos foron asociadas con C. sakazakii e recibiron considerable atención.[5] Ademais, Cronobacter spp. están asociados con bacteremias neonatais, meninxites e enterocolite necrotizante. Porén, a tipificación de secuencias multilocus [6] mostra que a maioría dos casos deste tipo de meninxite neonatal nos pasados 30 anos, en 6 países foron asociados con só unha liñaxe xenética da especie Cronobacter sakazakii chamada "Secuencia Tipo 4" ou "ST4",[7] e, por tanto, este clon parece ser moi preocupante como causante de infeccións infantís.

TaxonomíaEditar

Cronobacter foi proposto como xénero en 2007 para aclarar as relacións taxonómicas dos biogrupos que se encontraron entre as cepas de Enterobacter sakazakii.[8] Esta proposta foi publicada validamente en 2008 con 5 especies e 3 subspecies.[1] A definición do xénero revisouse en 2012 coa designación de sete especies. Esta revisión utilizou datos dos sete loci MLST para definir dúas novas especies; C. universalis e C. condimenti. .[4] A análise xenética e bioquímica mostrou máis recentemente que Cronobacter turicensis non é realmente unha especie membro de Cronobacter e propúxose para ela o novo xénero Siccibacter.

EtimoloxíaEditar

O nome Cronobacter procede do nome do personaxe mitolóxico grego Cronos (Κρόνος), un titán que devoraba os seus fillos cando nacían, e da terminación neolatina bacter, bastonciño, xa que é unha bacteria que causa enfermidades nos neonatos.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Iversen, C; et al. (2008). "Cronobacter gen. nov., a new genus to accommodate the biogroups of Enterobacter sakazakii, and proposal of Cronobacter sakazakii gen. nov. comb. nov., C. malonaticus sp. nov., C. turicensis sp. nov., C. muytjensii sp. nov., C. dublinensis sp. nov., Cronobacter genomospecies 1, and of three subspecies, C. dublinensis sp. nov. subsp. dublinensis subsp. nov., C. dublinensis sp. nov. subsp. lausannensis subsp. nov., and C. dublinensis sp. nov. subsp. lactaridi subsp. nov.". IJSEM 58 (6): 1442–1447. PMID 18523192. doi:10.1099/ijs.0.65577-0. 
  2. Joseph, S; et al. (2011). "Cronobacter condimenti sp. nov., isolated from spiced meat and Cronobacter universalis sp. nov., a novel species designation for Cronobacter sp. genomospecies 1, recovered from a leg infection, water, and food ingredients". IJSEM. doi:10.1099/ijs.0.032292-0. 
  3. Kucerova, E; et al. (2010). "Genome sequence of Cronobacter sakazakii BAA-894 and comparative genomic hybridization analysis with other Cronobacter species". PLoS ONE 5 (3): e9556. doi:10.1371/journal.pone.0009556. 
  4. 4,0 4,1 Joseph, E; et al. (2012). "Diversity of the Cronobacter genus as revealed by multi locus sequence typing". J Clin Microbiol 50 (9): 3031–3039. doi:10.1128/JCM.00905-12. 
  5. Kucerova, E; et al. (2011). "Cronobacter: diversity and ubiquity". Quality Assurance and Safety of Foods and Crops 3 (3): 104–122. doi:10.1111/j.1757-837X.2011.00104.x. 
  6. Baldwin, A; et al. (2009). "Multilocus sequence typing of Cronobacter sakazakii and Cronobacter malonaticus reveals stable clonal structures with clinical significance which do not correlate with biotypes". BMC Microbiology 9: 223. doi:10.1186/1471-2180-9-223. 
  7. Joseph, S; Forsythe, JS (2011). "Association of Cronobacter sakazakii ST4 with neonatal infections". Emerging Infectious Diseases 17 (9): 1713. doi:10.3201/eid1709.110260. 
  8. Iversen, C; et al. (2007). "The taxonomy of Enterobacter sakazakii: proposal of a new genus Cronobacter gen. nov. and descriptions of Cronobacter sakazakii comb. nov. Cronobacter sakazakii subsp. sakazakii, comb. nov., Cronobacter sakazakii subsp. malonaticus subsp. nov., Cronobacter turicensis sp. nov., Cronobacter muytjensii sp. nov., Cronobacter dublinensis sp. nov. and Cronobacter genomospecies 1". BMC Evol. Biol. 7: 64. PMC 1868726. PMID 17439656. doi:10.1186/1471-2148-7-64. 

Véxase taménEditar