Ácido galacturónico

composto químico

O ácido D-galacturónico é un azucre ácido derivado da D-galactosa por oxidación do grupo OH do seu carbono 6 [1]. É o principal compoñente das pectinas [2], onde pode encontrarse en forma de ácido poligalacturónico. Presenta un grupo aldehido no carbono 1 (na forma ciclada forma un hemiacetal) e un grupo carboxilo (COOH) no carbono 6 [3]. Outras formas oxidadas da D-galactosa relacionadas son o ácido D-galactónico (cun carboxilo en C1) e o ácido meso-galactárico ou ácido múcico (con dous grupos carboxilos, en C1 e C6). O ácido galacturónico é un ácido urónico ou ácido hexurónico, entre os cales os que se atopan na natureza son o ácido glicurónico, o ácido D-galacturónico, o ácido idurónico e o ácido manurónico.

Ácido D-galacturónico
Identificadores
Número CAS 685-73-4
PubChem 84740
ChemSpider 76444
Número CE 211-682-6
ChEBI CHEBI:47962
Imaxes 3D Jmol Image 1
Image 2
Propiedades
Fórmula molecular C6H10O7
Masa molecular 194,139

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

Nas imaxes móstranse os isómeros alfa e beta do ácido D-galacturónico ciclado na fórmula de Haworth, e a fórmula liñal.

Notas editar

  1. ChemSpider D-galacturonic acid
  2. Luzio, Gary A. (2004). "Determination of galacturonic acid content of pectin using a microtiter plate assay". Proc. Fla. State Hort. Soc (en inglés) 117: 416–421. Arquivado dende o orixinal |url= incorrecto (Axuda) o 25 de xullo de 2013. Consultado o 15 de maio de 2019.  Arquivado 25 de xullo de 2013 en Wayback Machine.
  3. PubChem compound (2S,3R,4S,5R)-2,3,4,5-tetrahydroxy-6-oxohexanoic acid

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar