Abrir o menú principal

Corina Porro

política española
(Redirixido desde "Corina Porro Martínez")

María Corina Porro Martínez, nada en Ferrol o 1 de decembro de 1953, é unha política galega e diplomada en enfermería pola Universidade de Santiago de Compostela[1].

María Corina Porro Martínez
Corina Porro
Corina Porro nun coloquio no 2011

2003 – 16 de xuño de 2007
Precedido por Ventura Pérez Mariño
Sucedido por Abel Caballero

Datos persoais
Nacemento 1 de decembro de 1953 (65 anos)
Ferrol, (Pontevedra) Galicia Galicia
Partido PPdeG
Profesión Enfermeira e política
Alma máter Universidade de Santiago de Compostela
Residencia Vigo, Galicia Galicia

TraxectoriaEditar

Concelleira polo PPdeG no concello de Vigo entre 1995 e 1999. Foi directora xeral de Servizos Sociais entre 1999 e 2001. Deputada do Parlamento de Galiza e Conselleira de Asuntos Sociais durante o período 2002-2003. Foi senadora por designación autonómica entre 2004 e 2006 e nas Eleccións Xerais de 2008 pola provincia de Pontevedra[2].

Chegou a alcaldía de Vigo no 2003 tras unha moción de confianza perdida polo socialista Ventura Pérez Mariño, asociada á aprobación das ordenanzas fiscais, na que votaron a favor os dez concelleiros do PPdeG e os sete do BNG e en contra os oito concelleiros do PSdeG-PSOE e os dous de PROVI. Permaneceu no cargo ata as eleccións locais españolas de 2007, nas que, aínda que a súa lista conseguiu 13 concelleiros, a suma dos concelleiros socialistas (9) e do BNG (cinco) levaron á alcaldía ó socialista Abel Caballero. Foi presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo (2009-2011).

NotasEditar

  1. Biografía en galegos.info
  2. "Corina Porro en www.senado.es". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 02 de setembro de 2007. 

Véxase taménEditar