Copa do Rei de Rugby 2010-2011

Na tempada 2010-2011 disputouse a 78ª edición da Copa do Rei de rugby, o torneo nacional máis antigo do rugby español. Organizado pola F.E.R., acadaron o dereito a competir no torneo os dez equipos da División de Honra, mais os catro equipos da fase de ascenso e dous equipos clasificados nunha fase previa.

Copa do Rei
2009-2010 << 2010-2011 >> 2011-2012
OrganizadorF.E.R.
Edición78ª
Equipos14
CampiónCastela e León CR El Salvador
FinalistaCastela e León Valladolid RAC

Na final, xogada no Campo de El Pantano de La Vila Joiosa o 10 de abril de 2011, o Cetransa El Salvador derrotou ó VRAC Quesos Entrepinares (os dous clubs de Valladolid) por 13 a 0.[1]

Participantes editar

A 78ª edición da Copa do Rei contou cunha fase previa de clasificación [2] e con 4 roldas eliminatorias (oitavos de final, cuartos de final, semifinais e final). Tiñan dereito a participar no torneo os 10 equipos da División de Honra, os 4 equipos da fase de ascenso a División de Honra, e outros 2 equipos saídos da fase previa de clasificación. Destes 16 clubs que deberían disputar a rolda de oitavos de final, tres rexeitaron participar: o CAU Valencia, o Vigo RC e o CR Les Abelles; de xeito que a Federación Española de Rugby tivo que axustar o formato do torneo e convidou a outro club, quedando en 14 o número de equipos participantes:[3]

Da División de Honra:

Da fase de ascenso á División de Honra:

Da fase previa de clasificación::

Convidado:

Torneo editar

  • Oitavos de final: contou con seis enfrontamentos, a partido único, xogados o 19 e 20 de marzo de 2011:[4]
    • Durango 5-98 El Salvador
    • Hernani 19-41 Gernika
    • Cisneros 12-43 VRAC
    • Getxo 6-48 Ciencias
    • CRC 40-41 Santboiana
    • Bera Bera 19-22 Alcobendas

Como primeiros clasificados da liga, o CR La Vila e o Ordizia RE quedaron exentos da rolda de oitavos de final por mor da ausencia de rivais e foron clasificados directamente para cuartos de final.

  • Cuartos de final
    • Santboiana 16-28 Gernika
    • El Salvador 19-9 La Vila
    • Ciencias 37-17 Ordizia
    • VRAC 51-16 Alcobendas
  • Semifinais
    • Gernika 17-27 El Salvador
    • Ciencias 18-31 VRAC
  • Final
    • El Salvador 13-0 VRAC
Cadro da competición a partir de cuartos de final
Cuartos de final Semifinal Final
                   
       
 Santboiana  16
 Gernika  28  
 Gernika  17
   El Salvador  27  
 El Salvador  19
 La Vila  9  
 El Salvador  13
   VRAC  0
 Ciencias  37
 Ordizia  17  
 Ciencias  18
   VRAC  31  
 VRAC  51
 Alcobendas  16  


Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Outros artigos editar