Conversa usuario:Xosé/Arquivo1

  • Vaia. ¡Unha paxina limpaaa!, pois nada, nada; a estreala. Vexo que estas a darlle un empurrón as efemérides. Deixoche duas páxinas a que quizais poidas sacarlle algo de proveito: a primeira propocionada por Wikitom, tratase dun tradutor, que non é nada malo. Pero de todolos xeitos conven leelo texto traducido. A outra e´de onde podes sacar [efemérides] de xeito gratuito (a páxina non pide basicamente nada a cambio); pero poida que algunhas ligazons no vaian ven, pero hai xeito de solventa-las (a acaso te decides e, de paso atopas algunha que no vaia, ponte en contacto conmigo e tratarei de arraza-la. Eu irei máis tarde, cando poida, amplando/actualizando e mellorando a que haxa feito. Saudos.--Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 00:53, 26 novembro 2005 (UTC)
  • Ola, a táboa de gobernantes paréceme moi boa idea, pero debería haber unha máis pequena para os gobernantes que tiveran varios mandatos en diferentes épocas, ocupa moito se un presidente de goberno ou república estivo no poder por exemplo catro ou cinco veces en diferentes momentos.--Rocastelo(fálame aquí) 11:29, 27 novembro 2005 (UTC)
  • Acabo de ver a tua mensaxe. A imaxe do mapa da grecia Clasica o Antiga esta baixado de Internet dunha paxina arxentina que non tiña dereito nin copyright marcado en parte algunha, pero non me din conta de coller as ligazons, polo si ves que está mal ou vai traer problemas, podes borrala si queres. O que non entendin moi ben foi o de movela paxina ou o da Grecia Antiga, xa que os livbros que estaba usando, o da Grecia antiga lle chamaban precisamente ate a dominación romana, deixando o de Clasica mais que nada polo seu aspecto cultural,filosofico,etc,....Senon, me das algunha indicación, e fago algo sobor da Grecia Clasica, ainda que nestes intres estou facendo sobre os reises de León e Castela no artigo da Historia de Galiza. Unha aperta
  • A mensaxe que lle deixaches a Alexandre D.Ferreiro está na páxina de usuario e non na de discusión, deberías cambiala para que poidamos borrar a páxina de usuario e deixala como estaba (non o fixen eu para que non figurase no historial como miña). Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:37, 28 novembro 2005 (UTC)
  • Ola, vexo que deixaches un comentario no Template:Historia de Galiza sobre a cultura castrexa. En realidade é certo que é un período protohistórico, pero hai a tendencia entre os historiadores galegos a inscribilo na Historia Antiga, de feito en parte foi contemporánea dos primeiros tempos da Galicia romana, aínda que empezou moito antes: Bermejo Barrera, X. A. Fernández Canosa encádrana dentro da Idade Antiga, e non sei agora pero antes na facultade de historia da USC estudábase en Historia Antiga esa é a razón que o puxera na Idade Antiga. Pero se che parece ben poñémolo no template entre o Megalitismo e a Idade Antiga, creo que é un lugar máis acaído.--Rocastelo(fálame aquí) 21:58, 28 novembro 2005 (UTC)
  • Paréceme unha boa periodización, pero ao refacer o template o que pretendía era dar períodos amplos, xa que a maioría dos artigos non están feitos, e deixar os outros artigos da historia de Galicia para ir engadíndoos cando estiveran feitos, para dar ampla liberdade a quen quixera facelos, pero se queres podemos poñer unha cantidade maior de artigos no template, por iso non hai problema, por certo estudaches historia, vese que tes interese polo tema?.--Rocastelo(fálame aquí) 22:07, 28 novembro 2005 (UTC)
  • Para a template de arte unha solución podería ser como fan na wiki italiana, fixeron un template para a arte occidental it:Template:Artestoria cos artigos básicos , se poñemos cada artigo que se faga sobre un movemento artístico ao final deixará de ser navegable.--Rocastelo(fálame aquí) 22:41, 28 novembro 2005 (UTC)

Repaso editar

Ola. Vin a mensaxe sobre centrarte en mellorar artigos vellos. Paréceme moi ben. Eu de cando en vez visito os máis curtos, os sen ligazóns ou sen referencia previa e dou un repaso, ás veces nada máis que poñendo ligazóns ou facendo un pouco de redacción. Nembargantes, sigo facendo algún artigo moi curto por ser creado nun momento por interese do que estou a facer daquela, falta de información, etc. Sobre uns volto e sobre outros, non. Saúdos.--Agremon(contacto) 05:42, 4 decembro 2005 (UTC)

  • Ola, non é que me parecera mal que reverteras o que puxen en APIGA, pero non entendo porque o fixeches, pensas remodelar completamente a páxina?, o número de afiliados que aparecen na súa páxina web están errados?, xa che digo non é que me pareza mal, pero quixera saber a razón, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 21:52, 6 decembro 2005 (UTC)
  • Nada non te preocupes, xa está aclarado (por certo a web da APIGA está moi ben)--Rocastelo(fálame aquí) 22:04, 6 decembro 2005 (UTC)

Wikiquote editar

  • Xa é efectivo que sexas administrador alí, estamos pendentes de que os stewards fagan o cambio de permisos. En Wikibooks fixerono inmediatamente pero en Wikiquote non foi así. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:10, 11 decembro 2005 (UTC)
  • Penso que foi porque unha das peticións estaba na parte superior da páxina e a outra na parte inferior, e o que foi dando os permisos foi por orde. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:17, 11 decembro 2005 (UTC)
  • Trabuqueime en Wikiquote e creei a páxina Wikiquote:Actualidade antes de mover Currents events alí. Vas ter que borrala en canto teñas os permisos para redirixir a outra. Penso que para que a xente salte dun proxecto a outro teñen que estar perfectamente enlazados nas páxinas comúns e introducir o máximo de cousas en común para que haxa máis facilidades para editar. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:38, 11 decembro 2005 (UTC)
  • Parabéns Xosé xa eres oficialmente administrador de Wikiquote (aínda está pendente o permiso de burócrata). Hoxe anda unha persoa vandalizando as páxinas dos proxectos galegos, desfixen o que fixera en Wikiquote pero sería mellor bloquealo. Bueno, para calquera cousa aquí me tedes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:59, 12 decembro 2005 (UTC)
  • Non hai logo de Wikiquote, supoño que haberá que facelo (ou decidir que se fai) e logo remítilo a un enderezo de meta que non lembro. Con respecto ao nome do wiki eu veño empregando polo de agora Wikiquote porque non hai ningunha decisión sobre iso. En principio os nomes dos wikis surxiron de Agremon salvo o Galizionario que se debatiu na taberna da Galipedia (a proposta de Aricum). O problema que nos atopamos agora, é que xa surxiu cando falamos na taberna de Wikisource, é se é convinte seguir a opción Gali- ou non. Hai uns meses Anthere (na discusión da portada) do Consello de Administración da Fundación Wikimedia cuestinou o nome Galipedia. Chegamos á conclusión de que nos avisaba por razóns legais, o feito de que persoas descoñecidas para o wiki rexistraran o nome Galipedia demostra o posible problema. Persoalmente gústame que todos os wikis sexan Gali- pero o mellor é debatilo na taberna para atopar unha solución entre todos. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:13, 14 decembro 2005 (UTC)
  • Non era unha chamada de atención, só que me pareceu que tiña que haber algún motivo. Como unha explicación xeral para aclarar entendo que corrixir nun wiki está dentro do normal. Preguntaba porque precisamente agora vexo a cor máis apagada, con respecto a escribir a cor como tres caracteres dicir que nas follas de estilo a información de cor pode escribirse de varios xeitos e un deles é coma o que estaba. Como exemplo escribir fbb equivaldría a escribir ffbbbb. En canto a tradución das mensaxes en Wikimedia algunhas delas poden editarse sen problemas (refírome se é necesario facer correccións e outras requiren que sexa un usuario que reciba aprobación previa). A mensaxe non era por iso, quería dicir publicar a mensaxe que temos na Galipedia, modifiqueina con respecto a de Wikimedia e engadín o gráfico, pero por suposto podes redactala doutro xeito se queres sempre que inclúa a información. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:26, 18 decembro 2005 (UTC)

Barriga Verde editar

  • Que che fixo pensar que o comentario do euro era humorístico?. E sobretodo o encabezamento, que deixaches é anti-estético. Que non che pareza mal, pero deberas de deixar tanto un punto coma o outro (porque o que se persegue) son dúas cousas: Por un lado está o de rompe-lo esquema habitual das enciclopedias de papel dandolle outra presenza os artigos (pero sen flaquea-la información) e polas segundas, conseguir que a xente maior vexa un certo vínculo na lectura dun contemporáneo cos tempos de hoxe (é dicir, que non note que o artigo é frío é distante coma adoitan ser a maioría deles). De eliminares o comentario do euro; entón tamén eliminar o da peseta e, porque non, os céntimos. Xa o digo, non quero que che parezca mal, pero a información non foi doada de conseguir, e a estética do artigo (que persegue que a xente repare nel a ler) tampouco, polo que eu buscaba que a xente se sentise nel coma algo acolledor (non sei se me entendes); no é sinxelo de explica-lo, porque tanto ti coma eu non coñecimos esta personaxe da realidade. Pero os nosos devanceiros tiveron a xentileza de coñecelo e de disfruta-lo baixo o nome co que era máis coñecido oficialmente: Barriga Verde. Saudos.--Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 20:52, 30 decembro 2005 (UTC)
  • Mandeiche un novo correo, botalle unha ollada, é interesante.--Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 00:09, 4 xaneiro 2006 (UTC)

islám editar

Ola Xosé, vexo que traballache en páxinas relacionadas co mundo musulman. Queria facer unha ampliacion de Islam, con info da wiki portuguesa. Se tes coñecementos ao respecto gostaríame a tua opinion da veracidade antes de incluíla. Por certo, vexo que trocache "Islam" por "Islám", e dis que iso é o correcto. En que regras te baseas para dicir iso?. Saúdos.--XoseL 11:00, 7 xaneiro 2006 (UTC)

Artigo destacado editar

  • A ese enlace que dis non lle toquei, non sei o que pasou, o único que modifiquei foi a parte de abaixo na que os enlaces estaban mal. Xa corrixín o enlace do artigo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:40, 8 xaneiro 2006 (UTC)
  • Nada compañeiro, no te visualizo. proba con que temos.--Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 00:02, 10 xaneiro 2006 (UTC)
  • xa che madou prevert o del. votalle unha ollada o correo.--Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 00:06, 10 xaneiro 2006 (UTC)

Administrador en Commons editar

Gracias polo teu apoio, e de alguns de teus compañeiros de Galipedia, finalmente ha sido aprobada miña candidatura para ser administrador en Commons. Se necesitas calquera cousa en commons, xa sabes que podes contar comigo. Saúdos e, de novo, gracias. --Martorell 09:31, 16 xaneiro 2006 (UTC)

Mapa lingüístico do galego editar

Poderíame vir ben. Podería aproveitalko para facer entradas de cada área e describilas máis polo miúdo. Grazas--Lmbuga 21:21, 23 xaneiro 2006 (UTC)

  • Vaia entendera mal o teu comentario, supoño que haberá que facer unha páxina de homónimos, hai unha provincia mozambicana que se chama Gaza, ademais da cidade. Supoño que o que puxo a frase era o que quería facer. Xa o fago eu nun momento, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 15:04, 11 febreiro 2006 (UTC)
  • Grazas pola resposta, tamén mirara a wikipedia latina por iso puxen os títulos en minúsculas, aínda que deixei a mensaxe de axuda para estar máis seguro, xa que en Google aparecían nas dúas formas, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 22:57, 12 febreiro 2006 (UTC)
  • Ola modifiquei a data que puxeras nalgún artigo sobre o descubremento do sartego de Santiago no ano 813, esa é a data tradicional, non sabemos a data exacta, hoxe téndese a considerar que foi despois da morte de Carlomagno, máis probablemente entre o 820 e o 830, non sei se hai algún estudo recente que modifique o tema, pero cando menos o estado da cuestión era ese nos meus tempos de estudante, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 18:36, 19 febreiro 2006 (UTC)
  • Xa o puxen na páxina de discusión do ano 813, saúdos, --Rocastelo(fálame aquí) 19:14, 19 febreiro 2006 (UTC)
  • Agregei máis dubidas (ou respostas) sobre do tema de Santiago o Maior no 813.--Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 21:18, 19 febreiro 2006 (UTC)

Traballo para o bot editar

  • Rocastelo ten algúns traballos para o bot, o meu dame problemas (polo ordenador), poderías pasar o teu? Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:10, 2 abril 2006 (UTC)
  • Podes conectar un momento? Quería facerche unha consulta. Saúdos. --Prevert(talk) 15:29, 18 abril 2006 (UTC)

Elección a administrador en Commons editar

  • Grazas polo teu apoio na elección. Supoño que non é preciso xa que che manifeste que me comuniques calquera cousa que se che ocorra ou necesites en Commons, e que estou encantado en colaborar contigo e con todos aqueles implicados na Galipedia. Grazas. --Lmbuga 23:00, 18 abril 2006 (UTC)
  • Ola Xosé. Debiches esquecer a licenza desta foto Image:Castromao.jpeg. Unha aperta--Lmbuga 23:16, 24 abril 2006 (UTC)
  • Grazas Xosé, estou tendo algunhos problemas co nabegador en desfixen o teu traballo sen querer. Saudos.--Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 22:08, 4 maio 2006 (UTC)

Ola, son novo no Galipedia, e teño algunhas dúbidas sobre o seu funcionamento...

no galipedia castelán, teñene "bibliotecarios" que organizan todo...aqui?, non debería exister un link ou páxina que mostre a xente que regula isto?

Outra dúbida, moi importante...é....que "galego" é o oficial da páxina?, ista pregunta sería de risa noutros idiomas, pero no noso...que existen reitegracionismos, isolacionismos...ultracastelanistas...etc...pois non sei que se fala...

se cada xente, da súa comarca fala dun xeito, e outras doutro...e onde o galego da RAG, non consegue marca-las pautas a seguir...que se fala?...todo? so o oficial?...non sei...

Que opinión che merece o tema?

e sobre o que puxen na taberna sobre a idea de "portugal"?...

un saúdo e graciñas

Luimipi 12:41, 7 maio 2006 (UTC)

Xéneros musicais editar

Recolocar artigos para nomes completos editar

Oes Xosé. Creo que me acabas de fastidiar unha nova edición dunha hora de "Xesús Campos". Estaba completando a biografía e o estilo e non me deixou gravar o que estaba facendo. Supostamente porque ti a estabas recolocando. Hai algunha maneira de recuperar o traballo? Mirei a última gravación que fixera e non é esa precisamente. Caramba, mira que é mala sorte que te puxeras ó mesmo tempo ca min. Supoño que haberá bastante xente colaborando pero creo que cando se están facendo entradas novas, sería mellor deixar repousalas un certo tempo. Unha semana, por exemplo. Así non habería conflitos de edicións entre colaboradores. Estou cabreado e tiña que escribir isto para que se me pasase. Dito isto, non pasou nada, pero si pasou, caramba. Unha hora, cando aínda teño varias cousas que facer, é bastante. En fin, algunha vez tiña que sáudarte. Sinto que fose desta maneira, pero é que dá unha rabia cando fas algo que está ben e se che perde. A verdade é que o vou deixar xa, porque non me quedan ganas de seguir co mesmo. Hala, bo día das letras.

Imaxes editar

  • En Wikipedia:Mantemento#Imaxes está detallado o procedemento a seguir coas imaxes cando falte información ou haxa que borralas mediante debate. Para a eliminación rápida (violación do copyright, etc.) polo de agora pódese usar {{lixo}} o mesmo marcador que se usa para as páxinas. Se se che ocorre algún cambio dimo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:33, 21 maio 2006 (UTC)

Que licenza lle queres poñer a esa imaxe? Saúdos. --Prevert(talk) 18:00, 2 xuño 2006 (UTC)


ortografia editar

Ola, oes, non entendo porqué agora, "por a" ten coma contracción "pola", cando era Po-la

Agora sendo Pola, é igual que "pola" de galiña nova.

Non entendo os cambios...non os entendo... Cando eu estudiei, e non foi fai tanto (teño 22 anos), era Po-la.......e ten lóxica pois se distingue de Pola (galiña)...

A RAG estame a marear...a min e a todos...e entre a RAG e a AGAL...máis inda...pois ningunha das dous reflexa o falar común dos galegos...

Debería facerse unha "liña única", non tan castelá coma a RAG, nin tan portuguesa coma AGAL.......pero coido que é pouco posibel...

saúdos.

--Luimipi 14:26, 12 xuño 2006 (UTC)

  • Que eu lembre (e teño 38 anos) po-la nunca apareceu en nengunha normativa. Mesmo se asi fose, non mudou na última actualización ortográfica e morfolóxica, polo que non hai que meter nen á RAG nen á AGAL. Se miras en textos escritos recentes, rara vez a verás, ainda que si era frecuente hai décadas. Xosé (✉) 17:36, 12 xuño 2006 (UTC)

Ola Xosé. De acordo totalmente co que expresaches en Talk:Queimada, revertín os cambios feitos por un usuario anónimo e expresei a miña opinión coincidente coa túa na páxina de discusión do artigo. Se estamos os dous confundidos, sempre se podería volver atrás. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 23:49, 10 xullo 2006 (UTC)

Creo que che pisei o traballo. Acabo de ver que eliminaras a letra. Eu abrín unha versión anterior e corrixina e, ó gardala, volvín incorporar a letra. Tes razón en quitala do artigo. Paso inmediatamente a desfacer o que fixen mal. Perdoa. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 13:45, 14 xullo 2006 (UTC)

Incorporei no artigo a palabra xorima seguindo as túas indicacións. Descoñecía que a palabra xorima existise na fala. A fala mindoniense ten moitísimas peculiaridades no vocabulario, é a que máis ten de todas e eu non a domino. Quizais conviñese facer un artigo sobre a fala mindoniense, buscarei bibliografía.

Tes razón no do romeu, pero alecrín ten unha segunda significación que é a flor do toxo (Entrada alecrín no Gran Dicionario Xerais da Lingua). --Lmbuga Commons - Galipedia 10:38, 15 xullo 2006 (UTC)

Normativa oficial do galego editar

Hola Xosé,

estaba a traducir a Normativa oficial do galego en es: cando un usuario advertiume de que podería ser un copyvio de [1]. Pero non vexo ningún tipo de aclaración de que se trate dunha obra en dominio público ou GFDL. ¿Poderíamelo dicir ti? Por favor, respóndeme na miña páxina de discusión en es: Usuario Discusión:Bombadil1986. Saúdos. Bombadil 21:35, 21 xullo 2006 (UTC)

Ok. Moitas grazas por responder tan pronto. Xa case rematei a traducción do resto da Normativa. Chao. Bombadil 22:21, 22 xullo 2006 (UTC)

Grazas editar

Moitas moitas grazas por toda a axuda que me botaches.--Xabier Cid 17:35, 29 xullo 2006 (UTC)

Ola Xosé, paréceme moi interesante o artigo. Reparei nas praias, non sabía que houbese tantas, inda que posiblemente sexan poucas e por iso non teña coñecemento delas. Supoño que cando non pos nalgunhas a localización (concello,...) da praia é porque non o sabes. A ausencia dese dato pode levar a engano, pois hai praias que poden ser denominadas igual. Iso é o que creo que pasa coa praia de Castiñeiras. A praia de Castiñeiras que eu coñezo está en Castiñeiras, Ribeira (fotos en Commons:Castiñeiras) e non é nudista. Coñezo ben a zona e dáme por pensar que se fose nudista os mortos andarían en bicicleta. Vou solicitar na páxina de discusión que quenquera que saiba a localización desas praias a engada. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 19:16, 6 agosto 2006 (UTC)

Categoría:Música galega editar

Con respecto ás categorías da rama Música hai bastantes discrepancias. Aínda que as categorías galegas son consideradas imprescindibles nesta Wikipedia, neste caso particular é mellor non clasificar nada aí ata que se chegue un acordo en canto a Música galega ou Múscia de Galicia ou calquera xeito alternativo de clasificar. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:49, 29 agosto 2006 (UTC)

Eu tamén pensaba o mesmo ao principio pero creo que neste caso vai ser difícil decidir que categorías deben ser as relacionadas con Galicia, ou se deben existir as dúas ou ter certas variacións nos nomes con respecto ao esquema que seguimos no conxunto das categorías galegas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:06, 29 agosto 2006 (UTC)

Historia de exipto editar

Véxome na obriga de felicitarche pola serie de artigosda Historia de Exipto, a verdade é que están moi traballados. Un saúdo.--Norrin_strange (Talk) 08:31, 2 setembro 2006 (UTC)

Sinto discrepar canto ó que fixeches en [2]: pos que ordenas por datas pero deixas 1993 entre 1991 e 1988. Ademais cargácheste as ligazóns internas (co alivio que dá ver letras azuis) e os ISBNs: fixéchelo conscientemente? Foi unha reversión a machete? O da categoría Literatura galega era provisional: xusto agora acababa de crear category:Edición galega, onde incluín o artigo. Púxeno todo case coma antes: non é para entrar nunha guerra de edicións, pero explícame que fixeches porque é que non o entendo. --Sobreira (parlez) 16:38, 11 setembro 2006 (UTC)

  • Don't worry: supuxen (porque non é lóxico) que non fora consciente pola túa parte, como así o confirmas. Pasa ata nas mellores familias. Por certo, a orde cronolóxica que usei é o ISBN e non só o ano, pois aquel dase biunivoca e consecutivamente segundo o pide a Editorial correspondente. Be happy. --Sobreira (parlez) 16:57, 11 setembro 2006 (UTC)

Vexo todo perfecto. Só engadín un espazos entre liñas. Grazas. un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 15:16, 12 setembro 2006 (UTC)

Ola Xosé!, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para informar do que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia podes incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi valiosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 22:16, 15 setembro 2006 (UTC)

Grazas por votarme para burócrata en Commons. Tanto alí coma aquí, estou á túa disposición. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 10:03, 16 setembro 2006 (UTC)

  • Teño unha curiosidade; no cambio que fixeches no ano 1803, fas figurar Maine, Franza; no te confundirías e querías poñer Maine, Francia?, Podesmo aclarar?. Grazas. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 01:43, 20 setembro 2006 (UTC)

ciclón -> furacán. Home xosé, espera tan sequera a que pase. Grazas pola aclaración. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 19:07, 20 setembro 2006 (UTC)

Subcategorías de 'En progreso' editar

Non me decatei ao principio pero pódese usar replace.py cunha lista de páxinas nas que facer o cambio nun ficheiro de texto. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:48, 21 setembro 2006 (UTC)

Xa tiña pensando publicalo no Xornal. Pois o bot a min funcionoume. Utiliceinos de dous xeitos: ou ben facendo unha lista de páxinas que queria cambiar (iso coas datas era fácil), ou ben facendo que o bot fose a unha categoría e procurase as páxinas co marcador (iso fixeno cos lugares). Por certo o bot distingue {{En progreso}} de {{en progreso}}. Segunda parte: se entendín ben a pregunta, a resposta é que non están incluídos porque usei <noinclude></noinclude> para que iso non ocórrese.Polo de agora están na categoría Marcadores de mantemento. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:47, 21 setembro 2006 (UTC) Engadido: esquecín darche as grazas pola axuda. --Prevert(talk) 22:53, 21 setembro 2006 (UTC)

Papas dobres editar

Perante todo teñoche que aclarar unha dúbida. O motivo de que haxa páxinas como: Bieito I e Bieito I, Papa; radica nun primerio propósito de facer os artigos de xeito directo, pero o darme conta de que Bieito I puidese existir coma emperador, santo ou algunha outra personalidade, fixo que mudase completamente a estructura da creación dos mesmos (template abxunta -na maioría dos casos- e o historial dos papas tamén); reservando así o concepto de Bieito para crear unha páxina de homónimos na que se engadiría o resto. Deste xeito pódese borrar os Bieito's que non argumentan papa. Podes ollar a páxina de Afonso (e de contado te das a idea a onde quero chegar). Por outras, se gustas de botar unha man, podelo facer poñendo algo de texto (como fixo Rocastelo con Celestino II, Papa, e eu complementareu -cando poida como o fixen con Celestino I, Papa-) Saudos e agardo que isto che serva de explicación. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 11:15, 23 setembro 2006 (UTC)

Sistemas Operativos editar

Semella que non entendín ben o que dicias de Linux, porque a categoría Sistemas Operativos está creada coa maiúscula (non lembro neste momento porque se fixo así). Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:58, 24 setembro 2006 (UTC) Engadido: imos ter que reclasificar todo o que hai en Sistemas Operativos e cambialo a Sistemas operativos. --Prevert(talk) 23:07, 24 setembro 2006 (UTC)

Si é traballo para o bot. Outra cousa creo o problema de pywikipedia do que falamos quizais se deba a outra cousa. No artigo Wade-Giles pode comprobarse, aparentemente puxeches a categoría lingüística pero o enlace está en vermello. Comprobando o que escribiches vese o seguinte Ling%C3%BC%C3%AD%C2%ADstica mentres que na categoría que realmente existe o enderezo é Ling%C3%BC%C3%ADstica . Iso lévame a pensar que cando copiabas o caracter do enderezo pywikipedia funciona ben porque a conversión é a correcta, en cambio cando escribes desde o teclado en realidade non estás escribindo o mesmo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:27, 25 setembro 2006 (UTC)

Guerras ou conflitos armados editar

Trasladei o debate a Proposta de Xosé para dedenvolver a categoría Guerras para que estea xunto ó da rama Historia. Tamén hei poñer unha referencia na cabeceira dos cambios recentes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 08:15, 27 setembro 2006 (UTC)

En canto ao tema das Personalidades históricas noutro momento heino pasar a una páxina de debate sobre Personalidades. --Prevert(talk) 08:37, 27 setembro 2006 (UTC)
Xa está dispoñible en Wikipedia talk:Wikiproxecto Categorías/Personalidades. --Prevert(talk) 10:12, 27 setembro 2006 (UTC)

Zooloxía editar

Ok. Agora estou coa categoría Pendente categoría, en canto remate con iso paso a Mamíferos e Réptiles. Por certo nas páxinas nas que hai unha autoligazón no interwiki o bot falla (hai que eliminala antes de continuar). Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:58, 28 setembro 2006 (UTC)

Feito. --Prevert(talk) 14:27, 29 setembro 2006 (UTC)

Vilalba, Lugo editar

Paréceme que hai dúas ou tres páxinas que seguen a estrutura de Vilalba, Lugo. Para cambialas hai que seguir os seguintes pasos: marcalas como fusión, volver a cargar o escudo porque está inserido no modelo con PAGENAME (iso significa que o nome da imaxe é o mesmo co da páxina e se se move pérdese a imaxe), logo un administrador ten que borrar a páxina de destino, mover a de orixe e recuperar a páxina borrada para que o historial non se perda. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:28, 1 outubro 2006 (UTC)

O criterio que seguimos é que os concellos teñan como entrada principal o seu nome (quizais no caso de Miño poida haber algunha dúbida). Paréceme que xa se falou sobre iso na Taberna sobre Avión. O único que digo é que para cambialos hai que seguir os pasos sinalados antes para non perder imaxes ou historial. Estou cargando as imaxes e recuperarei o historial. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:41, 1 outubro 2006 (UTC)

Grazas editar

Supoño que o dirías polo cambio de anos na miña páxina. Realmente foi o 12 de setembro, pero lembreime hoxe de cambialo jeje. Un saúdo e por suposto que seguirei cos artigos de música. Beninho 00:06, 3 outubro 2006 (UTC)

Marquei a imaxe Image:Bot.png como 'pendente revisar a licenza', porque a licenza dunha captura de pantalla depende das licenzas do contido neste caso da licenza do navegador e da licenza da Wikipedia. O logo da Wikipedia ten copyright, e cómpre confirmar a licenza do navegador antes de asignar unha licenza definitiva, por iso retirei a licenza dominio público. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:40, 7 outubro 2006 (UTC)

Física en progreso editar

Problema con Física en progreso corrixido. --Moderador 21:01, 8 outubro 2006 (UTC)

Volver á páxina do usuario "Xosé/Arquivo1".