Conversa:Queimada
fogar dos vermes e alimañas
editarLevo varios anos facendo queimadas e teño varios textos na casa. Sempre dixemos "fogar dos vermes e alimañas" e en tódolos textos que temos di así; e en ningún caso "fogar dos vermes e arañas". Ademáis, se facemos unha búsqueda en Google, "fogar dos vermes e alimañas" ten 1.250 resultados, a versión desta wikipedia só aparece unha vez... A da propia wikipedia en galego. Corríxoo en consecuencia. --Calítoe.:. 19:22, 2 marzo 2007 (UTC)
Mam versja po polsku, en canto poida engádoa na Wikipedia polaca. --Calítoe.:. 19:22, 2 marzo 2007 (UTC)
- O 10 de xullo de 2006 alguén corrixiu a lingua do esconxuro da queimada (nalgun caso erroneamente, como fuciños->fouciños). Non sei quen é o autor do conxuro, pero é un texto fixado e que probabelmente hai que deixar na súa formulación orixinal. Xosé (✉) 19:40, 10 xullo 2006 (UTC)
- Estou totalmente de acordo contigo Xosé. É un texto popular que ten valor especialmente por representar unha fala determinada. Non procede aplicarlle ningunha normativa. Amais o erro "fouciño" é grave. Procedo a desfacer os cambios realizados polo usuario anónimo que o normativizou. Sempre hai tempo a volvelos facer se a nosa opinión é minoritaria. --Lmbuga Commons - Galipedia 23:24, 10 xullo 2006 (UTC)
versión galega
editarSi la versión gallega buena es esta por favor, que alguien corrija las versiones gallegas de la wikipedia española e inglesa. Gracias. --80.32.250.198 20:35, 11 xullo 2006 (UTC)
Odio los usarios anónimos. Polo que a min respecta, ignóroos. Se queres solicitar algo dá a cara --213.60.64.38 21:49, 11 xullo 2006 (UTF)
Přečo tu nepíšete po slovácku?
Orixes
editarAparentemente existen evidencias da realización de queimadas arredor da construcción da catedral de Santiago, polo que estariamos a falar dunha orixe que se remonta arredor do século XII. En todo caso, o que si parece estar claro é que a tradición da queimada non se inventou a mediados do século XX. 83.165.88.97 15:39, 3 abril 2007 (UTC)
Qué fontes poden citarse para apoiar a afirmación de que "aparentemente existen evidencias da realización de queimadas arredor da construcción da catedral de Santiago"? Creo que é do maior interese. Grazas.
Un historiador que escribiu sobre o tema é Alonso del Real. O seu libro "A Queimada" foi editado por Galaxia no ano 1972, polo que pode ser un pouco difícil de conseguir. 83.165.247.231 18:55, 5 xullo 2007 (UTC)
Teño certa familiaridade cos textos medievais galegos e nunca na miña vida atopei ninguna referencia á queimada, menos aínda no século XII. ¿Podes citar a fonte con precisión, por favor? O único que se sabe con seguridade sobre a queimada é que empezou a estenderse a partir dos anos sesenta como parte do "neo-folclore" urbano galego, tan tradicional, digamos como "A Rianxeira". Hai quen di que naceu na Guerra Civil, entre os soldados galegos na fronte e quen está seguro (Cunqueiro, Castroviejo) que o correcto é o anterior. A tese da Guerra Civil paréceme pouco crible (por que non ían facer o mesmo outros soldados doutras procedencias?). O esconxuro si que xa non o se pode aceptar sensatamente. Está escrito en galego enxebrista típico dos anos setenta, ten todos os "cliches" do neo-folclore dos tempos da Sección Feminina (que tamén creou, por exemplo "el traje de gallega con la saia roja", e non aparece nin sequera na documentación etnográfica dos anos 30...
- Concordo cóo que di a ultima IP. Parece ben que hai bebidas aloolizadas nas tradiciós galegas, nas tradicions dos curandeiros e couses dise tipo. A queimada é cousa conocida desde que foi "inventada" por galegos en Madrid nos anos 50 do século vinte, porque tiñan morriña da terra "celta". Non sei bastante do tema para mover o contido e pór fontes. Permitome pedir referencias. ElviraConversa comigo 17:38, 21 maio 2008 (UTC)
- Por demaís ver tamén a ligazón externe que ven de pór BasilioElviraConversa comigo 17:42, 21 maio 2008 (UTC)
- O que di Alonso del Real, segundo este artigo, é que hai unha "existencia de paralelismos estruturais e non materiais no rito e consumo da bebida con antigos costumes escandinavos, célticos, xermánicos antigos ou aínda anteriores", pero que "non se pode establecer en ningún caso unha continuidade as prácticas daqueles pobos e a nosa queimada". Se non hai referencias que indiquen as orixes medievais da Queimada propoño que se elimine esa hipótese do artigo. --SugarKane 23:12, 1 xaneiro 2010 (UTC)
Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)
editarOla compañeiros editores,
Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Queimada. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20101122090228/http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/08/09/3969952.shtml á ligazón http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/08/09/3969952.shtml
- Correxiuse o formato ou uso da ligazón http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/08/09/3969952.shtml?idioma=galego
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 27 de agosto de 2018 ás 09:13 (UTC)
Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)
editarOla compañeiros editores,
Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Queimada. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20150709134807/http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/08/09/3969952.shtml?idioma=galego á ligazón http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/08/09/3969952.shtml?idioma=galego
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 2 de setembro de 2018 ás 13:33 (UTC)