Xocasgz
Benvido(a) á Galipedia, Xocasgz!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de agosto de 2014 ás 10:35 (UTC)
Lagoa editar
Ola, Xocasgz;
os cambios feitos no artigo Lagoa, Alfoz son diversos: dunha banda son ortográficos (con + As = coas, *Km -> km); doutra banda a estrutura do artigo responde ao criterio seguido nos artigos sobre concellos, parroquias e lugares de Galicia, indicando a poboación no cabezallo.
Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 16 de xaneiro de 2015 ás 18:27 (UTC)
- Ola, Xocas; respondiches ben a mensaxe; o correcto é facelo na páxina de conversa da persoa con quen te queiras comunicar.
Retomando o caso de Lagoa, Alfoz, o caso é que non se desglosan os datos de poboación por lugar, ao igual que no artigo dun concello non se desglosan os datos de poboación por parroquia. Eses datos van incluídos nos propios artigos de cada lugar. O oportuno sería borrar os datos, que xa aparecen en cadanseu artigo.
Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de xaneiro de 2015 ás 01:14 (UTC)