Benvido(a) á Galipedia, Vipesa!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 09:02, 30 de abril de 2012 (UTC)

Posible conflito de intereses editar

Ola Vipesa. Por favor, ten en consideración o expresado en Wikipedia:Conflito de intereses.

Grazas, un saúdo. Banjo tell me 21 de abril de 2016 ás 08:17 (UTC)Responder

  Benvido/a e grazas por experimentar na Wikipedia. A túa proba funcionou, pero foi revertida ou eliminada. Por favor, bótalle unha ollada á páxina de benvida para aprender máis sobre como colaborar nesta enciclopedia. Se o que queres é seguir a experimentar, usa a zona de probas. Grazas. Banjo tell me 27 de maio de 2016 ás 08:53 (UTC)Responder

  Por favor, deixa de facer probas de edición na Wikipedia, malia que intentes arranxalo despois. As devanditas modificacións semellan vandalismos e foron revertidas ou eliminadas. Se o que queres é experimentar de novo, usa a zona de probas. Grazas. Banjo tell me 27 de maio de 2016 ás 09:28 (UTC)Responder

  Por favor, deteña as súas probas de edición na Wikipedia. Considéranse vandalismo e pode resultar nun bloqueo. Se o que quere é experimentar de novo, use a zona de probas. Banjo tell me 27 de maio de 2016 ás 09:44 (UTC)Responder

RE: Actualización datos editar

Ola Vipesa. A entrada do artigo Vicente Peña Saavedra está correcta no seu estado actual seguindo as convencións de formato e formato de ligazóns internas actuais da Galipedia. O contido concorda co que propós, e as ligazóns internas actuais son as correctas. O artigo está protexido temporalmente seguindo a norma de das tres reversións. Se queres propoñer algún outro cambio nel durante o período no que esté protexido podes deixar unha mensaxe co texto proposto na páxina de conversa do propio artigo. Un saúdo. Banjo tell me 27 de maio de 2016 ás 16:11 (UTC)Responder