Benvido á Galipedia, Villalustre!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Iago 22:55, 4 marzo 2009 (UTC)

  • Boas. Moitas grazas polas túas achegas á Galipedia. Só unha cousiña, cando fagas traduccións dende o castelán (ou outra lingua) por favor intenta revisar ben a ortografía no texto (sobre todo no caso de que empregues tradutores automáticos), e tamén intenta revisar o título dos artigos (coma por exemplo en The sonics -> The Sonics, ou Codigo de Barras -> Código de barras). Nada máis, moitas grazas de novo polo teu traballo, calquera cousa aquí estamos. Saúdos. --Banjo tell me 08:51, 5 marzo 2009 (UTC)

Grazas editar

Non hai de qué, aquí todos nos ímos axudando uns a outros, que tamén a xente que leva máis tempo nos bota unha man ós que temos menos experiencia. Para calquera cousa, non dubides en preguntar. Ah, e cando deixes un comentario é bó que asines para saber quen o deixou (se non, hai que ir ó historial da páxina para averigualo); é doado, só tes que pulsar no cuarto botón pola dereita que tes enrriba de onde escribes o texto, o que ten debuxado unha especie de sinatura. Apareceranche uns garabatos, é ó gardar a páxina, ahí quedará o teu nick. Apertas --Iago 08:08, 12 marzo 2009 (UTC)

Imaxe sen licenza e/ou orixe editar

 
Esta imaxe será borrada por carecer de licenza e de orixe
 


Image:Estructura Codigo de Barras.gif

Ola Villalustre, grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso desta/s imaxe/s cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Creo que a imaxe que subiches é pouco relevante en canto a dereitos de autoría, pero, inda así, tódalas imaxes que se suban a esta wiki teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial. Ademais tódolos arquivos deben de ter dous datos expresos: a licenza ou "copyright" e a orixe ou "source".

A orixe: A orixe ou fonte da imaxe é un dato que indica de onde foi tirada a imaxe e que serve para comprobar que a licenza é correcta. A orixe colocarase ben en forma de ligazón a unha páxina web, ben incluíndo os datos dun libro (dito libro ou dita imaxe ten que estar no dominio público) ou indicando que é unha fotografía tomada por ti (Obra propia (''self made'').
É dificilísimo encontrar unha foto nunha páxina web ou nun libro que estea no dominio libre. Isto en parte débese a que os dereitos de autor caducan o 1 de xaneiro seguinte á data en que se cumpren 70 anos da morte do fotógrafo (non do individuo obxecto da foto) e a que, segundo a legislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna), non é preciso ningún requisito para que calquera obra dunha páxina web tenga copyright. Polo tanto, se nunha páxina web non pon nada, ten "copyright", e as fotos, en principio, non se poden subir (agás que se dea a condición dos 70 anos expresada antes). Só se poden subir fotos daqueles lugares que indiquen que as imaxes están no dominio público e permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial.

Dado que é dificilísimo que se dean estas condicións, alimentámo-la Galipedia (Wikipedia galega) fundamentalmente con fotos feitas por usuarios ou imaxes antigas. Ademais hai que pensar que unha obra derivada (unha foto dunha imaxe con "copyright") ten tamén "copyright" e non se pode subir (Véxase a política de uso de imaxes ou Commons:Obras derivadas)

A moitos usuarios lles sorprende o celo que procuramos ter coas imaxes para non atentar contra os dereitos de autor. Pensa que é crucial para a estabilidade do proxecto pois hai moitos intereses creados en contra de que todo o que poida ser cultura estea no dominio público.
A licenza: Como che dicía, os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza ou "copyright" e a orixe ou "source".
A licenza escríbese nos datos da imaxe entre dobres chaves (por exemplo {{GFDL}}). Tes unha relación de licencias en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe. Nesa páxina, verás unha táboa con tres columnas. A columna do medio indica o xeito de escribirse a licenza na Wikipedia galega (Galipedia). A columna da esquerda ten unha ligazón que serve para ve-la licenza que se coloca na imaxe, facendo click sobre unha das ligazóns que aparecen verás o que significa cada licenza.

Non só se poden subir imaxes á Galipedia. Tamén se poden subir a Commons (En commons só se poden subir fotos e material multimedia). A terceira columna indica a denominación das licenzas en Commons. As imaxes subidas a Commons incorpóranse ós artigos do mesmo xeito cás subidas á Galipedia, pero poden empregarse tamén nas wikipedias noutras linguas.
En Commons (hai unhas 2.500.000 arquivos) poderás encontrar imaxes que están no dominio libre (permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial) para colocar nos artigos da Galipedia (non é preciso subilas de novo) ou nos teus traballos. Levamos xa un tempo traballando na Categoría Galicia.

¿Como incorporar os datos ás imaxes? ¿Cómo incluír eses datos cuando vas subir unha imaxe?
No momento da subida hai unha caixa na que podes escribir que pon Summary. Podes poñer aí os datos e así non tes que editar despois a foto.

¿Como indicalo cando unha imaxe xa foi subida?

  • Accede á foto.
  • Una vez que accediches, fai click na pestana editar que está na parte superior.
  • Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Lembra que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres parénteses: {{PD-self}}, {{GFDL-self}}
  • Garda a páxina


Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?).

Por se o desexas editar

Se o desexas podo eu mesmo crear esa imaxe con mellor calidade, resultando máis verosímil, parecendo un produto comercial e subila. Levaríame algo de tempo e quizais tiveses que axudarme a saber se os díxitos son unha cousa ou outra.

Poderíase partir de calquera das imaxes presentes en Commons (Commons:Category:Barcode). Por certo, as imaxes de Commons (Commons:Category Galicia (Spain)) podes empregalas na Galipedia como se xa estivesen subidas á Galipedia. --Saúdos e grazas. Xan de ningures 19:07, 13 marzo 2009 (UTC)

Ponte de hidróxeno editar

Ola, Villalustre! Creaches o artigo Ponte de hidróxeno e xa existía Enlace de hidróxeno, que trata do mesmo. Só podemos ter un artigo para o tema. Agora cómpre fusionar os contidos de ambos os artigos para evitar duplicados. Podes facelo? Graciñas. --Toliño Fala aquí comigo 16:37, 12 de marzo de 2011 (UTC)

  • Non me dera conta, e que o artigo Pontes de hidróxeno estaba no apartado de artigos pendentes da comunidade, e púxenme a facelo. Intentarei apañalo agora. Graciñas por avisar.Villalustre (parolo'm) 16:42, 12 de marzo de 2011 (UTC)

Ola, Villalustre. A próxima vez que lle deixes unha mensaxe a outro usuario lembra que debes deixarlla na súa páxina de conversa, outramente non lle aparecerá aviso de que alguén está falando con el. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:06, 12 de marzo de 2011 (UTC)

Universala Esperanto-Asocio editar

Ola, Villalustre. Vin as edicións que fixeches en Universala Esperanto-Asocio. Para a próxima vez ten en conta que é mellor que empregues o botón de mover, no canto de trasladar os contidos a un artigo novo. A vantaxe de mover un artigo é que conserva todo o seu historial, mentres que co que fixeches ti o historial indicará que o artigo foi creado hoxe e que non hai edicións anteriores á de hoxe, o cal non é certo. Ademais, ó mover un artigo créase automaticamente unha redirección, que é o que querías facer ti, é dicir, consegues o mesmo. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:19, 12 de marzo de 2011 (UTC)

Novas sobre as camisetas editar

Boas, o primeiro grazas á pola túa participación no pasado reto do aniversario da Galipedia. Xa teño a túa camiseta e deixei un aviso nesta conversa para tentar quedar contigo e o resto de participantes para repartilas. Un saúdo, --Elisardojm (conversa) 22:55, 14 de abril de 2011 (UTC)

Xuntanza en Pontevedra editar

Ola! Na páxina que amablemente habilitou Elisardojm para a ocasión plantéxase o mércores, 20 ás 6 da tarde como día e hora da xuntanza. Por favor, pásate pola devandita páxina para confirmar a túa dispoñiblidade e propór un lugar exacto da cidade para quedarmos. Grazas! --Paradanta (Cóntame) 21:10, 18 de abril de 2011 (UTC)

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia editar

Ola Villalustre.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
 
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! Banjo tell me 26 de outubro de 2017 ás 07:40 (UTC)Responder

Referencias en contribucións recentes editar

 

Ola, Villalustre. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso segue os seguintes pasos:

 
Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
 
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoler unha segundo o tipo de cita.
 
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! Banjo tell me 26 de outubro de 2017 ás 07:40 (UTC)Responder

Axencia EFE editar

Boas Villalustre, o artigo Axencia EFE, que creaches ti, ten o marcador de investigacións orixinais, a ver se podes revisalo e amañalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de novembro de 2017 ás 13:22 (UTC)Responder

Tamén pasa o mesmo con David Moldes. Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de novembro de 2017 ás 13:49 (UTC)Responder