The Sonics
The Sonics é un grupo de garage rock que xurdiu durante a vaga de grupos de rock na costa do Pacífico estadounidense a principios e mediados dos anos sesenta. Foron pioneiros deste subxénero xunto con outras bandas como The Kingsmen, The Wailers, The Drastics ou The Dynamics. Este movemento serviu como base da recoñecida escena musical da área de Seattle, que perdura ata os nosos días.
The Sonics | |
---|---|
Orixe | Tacoma,, Washington |
Período | 1960–1969 2008-actualidade |
Xénero(s) | garage rock, protopunk |
Selo(s) discográfico(s) | Etiquette Jerden Records Norton Records |
Membros | Gerry Roslie Andy Parypa Larry Parypa Rob Lind Bob Bennett |
Artistas relacionados | The Fabulous Wailers, The Saicos |
Na rede | |
http://thesonicsboom.com | |
O son de The Sonics é bastante máis ruidoso, cru e brutal que o de calquera outro grupo contemporáneo seu. Pese a que tiñan unha formación bastante clásica en canto aos instrumentos, conseguiron o seu son identificativo mediante apaños salvaxes de temas coñecidos, letras provocativas e o uso habitual de guitarras eléctricas distorsionadas ata o máximo posible.
Xénero
editarOs seus temas son unha mestura entre o garage rock (Louie, Louie, Have love, will travel) o rock and roll (Jenny, Jenny) e composicións propiamente do seu xénero coma Psycho e The Witch, todas elas baseadas en secuencias sinxelas de acordes e interpretadas de forma pesada e rápida (algo tamén típico do punk).
As primeiras letras de The Sonics estaban en consonancia coa cultura xuvenil e adolescente dos anos sesenta (mozas, surf, coches, guitarras), pero tamén incluían temas de aspectos máis escuros e provocadores como a estricnina, as bruxas, os psicópatas ou o Demo ( nas cancións Strychnine, The Witch, Psycho ou Hei's waiting).
Membros
editarA formación clásica de The Sonics (a que gravou Here are The Sonics) era:
Discografía
editarÁlbums
editar- Here Are The Sonics - 1965 (Etiquette)
- Boom - 1966 (Etiquette)
Recompilatorios
editar- Merry Christmas - 1965 (Etiquette)
- Introducing The Sonics - 1967 (Jerden)
- Explosives - 1973 (Buckshot)
- The Sonics - 1978 (SRT)
- Live Fanz Only - 1986 (Etiquette)
- The Sonics - Busy Body!!! Live in Tacoma 1964 - 2007 (Norton)