Estricnina

composto químico

A estricnina é un alcaloide cristalino tóxico. Foi usado como pesticida, principalmente para matar ratos, pero debido á súa alta toxicidade en seres humanos o seu uso está prohibido en moitos países.

Estrutura química da estricnina

Número CAS
57-24-9

PubChem
441071

Fórmula química C21H22N2O2
Peso molecular 334.41 g/mol
Metabolismo
Excreción
Estado legal

Descrición

editar

A estricnina é practicamente insolúbel en auga e pouco solúbel a disolventes orgánicos. Os estudos mostran que a dose letal media (DL50) oral en ratos varia entre 2,2 e 5,8 mg/kg en femias e entre 6,4 e 14 mg/kg en machos. A DL50 cutánea é de máis de 2.000 mg/kg.

A fonte máis común desta substancia é noz vómica, semente da árbore do mesmo nome (Strychnos nux vomica), nativa de Sri Lanka, Australia e India. É unha das substancias máis amargas que existen, xa que o seu sabor é perceptíbel en concentracións de aprox. 1 ppm. O maior risco para saúde está na súa administración oral, xa que a estricnina descomponse rapidamente no solo, o que fai pouco probábel que contamine a auga, pero pode ser inhalada en forma de po e é volátil a altas temperaturas. Causa reaccións alérxicas ao ser absorbida pola pel.

Non existe evidencia de que a exposición crónica á estricnina produza cáncer, mutacións, alteracións reprodutivas ou anomalías no crecemento. Pero os seus efectos a curto prazo son graves: pode chegar a xerar convulsións violentas, aínda que os primeiros síntomas son ansiedade, tremor, movementos bruscos, reflexos espontáneos, rixidez dos músculos e vómitos. Entre 10 e 20 minutos despois da inxestión, os músculos do corpo comezan a sufrir espasmos, que comezan na cabeza e no pescozo. A seguir, estes espasmos esténdense por todos os músculos do corpo, con convulsións case continuas, que empeoran co menor dos estímulos. A morte ocorre por asfixia causada pola parálise do sistema de control da respiración do sistema nervioso central, ou polo esgotamento causado polas convulsións. Nese momento, o corpo endurece inmediatamente, mesmo no medio dunha convulsión, debido ao rigor mortis.

O tratamento inclúe a aplicación de diazepam intravenoso, para controlar as convulsións, e o uso de carbón activado. A substancia é metabolizada no fígado e ten unha vida media de 10 horas en seres humanos. Polo tanto, se o paciente sobrevive 24 horas despois da inxestión, a recuperación é case segura.

No pasado, utilizábanse pequenas doses de estricnina como laxante ou para tratar outros problemas estomacais, pero este tipo de tratamento médico abandonouse ao descubrirse alternativas máis seguras.

Mecanismo de acción

editar

Nas sinapses do sistema nervioso central existen dous tipos distintos de receptor. A ligazón en receptores estimulatorios transmite un sinal, mentres que a ligazón en receptores inhibitorios redúcea. Os receptores de glicina son os principais receptores inhibitorios da medula espiñal. A estricnina reacciona bloqueándoos, o que provoca un aumento da transmisión de sinais nerviosos, especialmente en arcos reflexos, aumentando os estímulos sensoriais e causando contraccións musculares.