Dámosche a benvida á Galipedia, VanBandini!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Estevo(aei)fálame aquí 19 de abril de 2020 ás 08:44 (UTC)Responder

Formato editar

Ola, VanBandini!

Grazas polas túas achegas! Por favor, bótalle un ollo a Wikipedia:Libro de estilo e Wikipedia:Ligazóns externas. Non se adoitan poñer ligazóns externas no corpo do texto, pero si poden empregarse como notas a pé de páxina para referenciar os contidos mencionados.

Por favor, bótalle tamén un ollo a Wikipedia:Conflito de intereses. Para calquera dúbida, podes deixarme unha mensaxe na miña páxina de conversa ou na de calquera outro/a usuario/a. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 19 de abril de 2020 ás 10:14 (UTC)Responder

Proporcionalidade, formato e relevancia editar

Bo día, grazas polas túas achegas á Galipedia. Por favor, revisa o libro de estilo e tenta darlle formato ás referencias que uses no texto. A función das referencias é verificar o texto da entrada, e é moi difícil facelo se non se achega información suficiente sobre a fonte da que tomaches os datos. Unha url sen máis non cumpre este obxectivo. Por outra banda, na sección Premios e recoñecementos é necesario equilibrar aqueles que son relevantes e aqueles que teñen unha importancia máis relativa. Lembra que unha entrada biográfica na Wikipedia non é o mesmo que un curriculum vitae, comezando polo que indican os propios piares da Wikipedia en canto ao contido promocional. Por favor, revisa O que a Wikipedia non é, o libro de estilo (ver mensaxes anteriores na túa conversa) e Como citar as fontes, Ligazóns externas e Fontes fiables. Saúdos!.--Maria zaos (conversa) 22 de abril de 2020 ás 08:26 (UTC)Responder

Posible conflito de intereses editar

Ola VanBandini. Por favor, ten en consideración o expresado en Wikipedia:Conflito de intereses .

Grazas, un saúdo. . HombreDHojalata.conversa 23 de setembro de 2021 ás 09:33 (UTC)Responder