Dámosche a benvida á Galipedia, Toby123perruno!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe doutra persoa tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 4 de maio de 2022 ás 16:29 (UTC)Responder

grazas Toby123perruno (conversa) 5 de maio de 2022 ás 09:36 (UTC)Responder

Referencias en contribucións recentes editar

 

Ola, Toby123perruno. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso sigue os seguintes pasos:

 
Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
 
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoller unha segundo o tipo de cita.
 
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Estevo(aei)fálame aquí 5 de maio de 2022 ás 10:31 (UTC)Responder

Moitas grazas. Este ea miña primeira vez facendo artigos, e senod sincero non o entendo moi ben. Toby123perruno (conversa) 5 de maio de 2022 ás 12:51 (UTC)Responder

referencias e orixe editar

Ola, Toby123Perruno. Por favor, bótalle un ollo a Wikipedia:Referencias. A Wikipedia nunca é unha referencia en si mesma, senón que emprega referencias externas. Ademais, as referencias non son xenéricas, senón concretas, como podes ver no artigo en castelán, es:Revolución permanente.

Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 6 de maio de 2022 ás 17:01 (UTC)Responder

imaxes editar

Por favor, bótalle un ollo a Wikipedia:Dereitos de autoría. Non se pode subir ao chou imaxes tomadas de Google sen saber se teñen copyright ou non. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 24 de maio de 2022 ás 11:26 (UTC)Responder

ok, voy facer outro ficheiro pero con fotos da wikipedia, se teño calquer erro mandame un mensaxe. Grazas por axudarme!! Toby123perruno (conversa) 24 de maio de 2022 ás 11:30 (UTC)Responder

Wojtek editar

Boas Toby123perruno. Semella que tes algunha dificultade coa ortografía do galego. En galego as formas nado e finado son completamente correctas, por favor non o modifiques. Por outra banda desfixen os teus cambios no artigo Wojtek porque estabas a destruír contido. Fíxate no formato dos artigos antes de editar e tenta imitalo. Un saúdo e a seguir. --Breogan2008 (conversa) 25 de maio de 2022 ás 07:45 (UTC)Responder

perdoe, es que eu son de Galicia e nunca o oín, Agora mesmo o busquei na RAG e vexo que tedes razón. En Galicia case nunca se utiliza ese termo por esta razón pensei que sería unha confusión có portugués. Toby123perruno (conversa) 1 de xuño de 2022 ás 08:42 (UTC)Responder

iStockPhoto editar

Por favor, bótalle un ollo a Acuerdo de licencia de iStockPhoto. A licenza non é compatible co seu uso en Wikipedia. O propio artigo labrador retriever está enlazado coa categoría en Commons, c:Category:Labrador_Retriever, onde tes imaxes a eito para escoller. Un saúdo. --Estevo(aei)fálame aquí 9 de xuño de 2022 ás 18:27 (UTC)Responder