Benvido(a) á Galipedia, Teixuga!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de marzo de 2019 ás 11:34 (UTC)Responder

Dámosche a benvida á Wikipedia. Aínda que convidamos a todo o mundo a que contribúa na Wikipedia, algunha das túas edicións recentes semella non ser construtiva e foi revertida ou eliminada. Por favor, usa a zona de probas para realizar probas de edición e bótalle unha ollada á páxina de benvida para aprender máis sobre como colaborar nesta enciclopedia. Grazas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de marzo de 2019 ás 11:34 (UTC)Responder

Nicholas Cummins editar

Ola, Teixuga. O artigo que creaches, Nicholas Cummins ten varios defectos formais e queda orfo. Poderías amplialo un pouco máis e darlle un aire máis enciclopédico? Un saúdo. --MAGHOI (conversa) 19 de novembro de 2021 ás 08:12 (UTC)Responder

Grazas por compartir a opinión! Son principiante e sei que pode mellorarse :) Teixuga (conversa) 19 de novembro de 2021 ás 08:48 (UTC)Responder

Skibbereen editar

Boas, o artigo Skibbereen, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, RubenWGA (conversa) 19 de novembro de 2021 ás 23:29 (UTC)Responder

 

Estilo editar

Ola Teixuga. Por favor, bótalle unha ollada ao libro de estilo da Galipedia para aprender os patróns a seguir de cara á edición e creación no noso wiki e mais a estrutura que debe cumprir un artigo.

Grazas, un saúdo e a seguir! --RubenWGA (conversa) 19 de novembro de 2021 ás 23:33 (UTC)Responder

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia editar

Ola Teixuga.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
 
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente ou complementariamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --RubenWGA (conversa) 19 de novembro de 2021 ás 23:33 (UTC)Responder

Tereino en conta cando edite o artigo (e o seguinte tamén), grazas pola Axuda Teixuga (conversa) 20 de novembro de 2021 ás 13:03 (UTC)Responder

Axudas ortográficas editar

Ola Teixuga. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía. Por exemplo no artigo "Skibbereen".

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --RubenWGA (conversa) 19 de novembro de 2021 ás 23:50 (UTC)Responder

Formato editar

Ola, Teixuga. coido que tes algún problema cos títulos das seccións nos artigos. Recomendaríache que lle botases unha olladas ós apartados que aparecen na "Benvida" (na parte de enriba desta páxina) sobre os formatos de edición. De tódolos xeitos, para titular, en lugar de meter códigos, podes facelo de xeito máis sinxelo cando estás editando, acudindo ao menú da parte superior da páxina, onde aparece a palabra "Parágrafo". Ese é o formato tipo para o interior do artigo, pero para os títulos de sección tes "Cabeceira" e para as subseccións "Subcabeceira 1". Tamén deberías procurar engadir máis referencias nos artigos porque crean máis fiabilidade das afirmacións que aparecen. Para calquera cousa, non dubides en preguntar. Ánimo e a darlle duro. Saúdos. MAGHOI (conversa) 4 de xullo de 2023 ás 17:37 (UTC)Responder

Gracias! Tereino en conta, moitas graxas pola info! Teixuga (conversa) 4 de xullo de 2023 ás 17:48 (UTC)Responder