Dámosche a benvida á Galipedia, Su Neutralidad!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe doutra persoa tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo..--Maria zaos (conversa) 30 de xuño de 2020 ás 21:53 (UTC)Responder

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia editar

Ola Su Neutralidad.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
 
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente ou complementariamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Estevo(aei)fálame aquí 20 de setembro de 2020 ás 19:08 (UTC)Responder

Conxa Borrell editar

Ola, Su Neutralidad. Grazas por colaborar coa Galipedia. Lembra que se queres seguir editando un artigo (Conxa Borrell, é mellor que empregues o marcador {enuso} para que non haxa conflitos de edición. Lembra tamén que as referencias non se copian " a pelo" que lles hai que dar un formato. Un saúdo. MAGHOI (conversa) 3 de outubro de 2021 ás 20:13 (UTC)Responder

Oquei, perdom, ainda nom estou familiarizado cos marcadores da Galipedia. Obriii Su Neutralidad (conversa) 3 de outubro de 2021 ás 20:15 (UTC)Responder

Facer tamén as redireccións editar

Ola Su Neutralidad.

Cando inicies un artigo, cun título determinado, por exemplo "Dora Özer", quizais haxa que preguntarse se ese artigo podería ter outros títulos distintos. Póñoche un exemplo: o artigo "Inez Haynes Irwin". No propio texto dicimos "Moitas das súas obras publicáronse co seu antigo nome Inez Haynes Gillmore", por tanto debe facerse, tamén, a redirección desde "Inez Haynes Gillmore". En caso contrario podería chegar a darse a indesexable situación de que outros artigos, existentes ou futuros, liguen con Inez Haynes Gillmore e as ligazóns aparezan en vermello, cando realmente dispoñemos do artigo. Tamén podería suceder que alguén picara nesa ligazón vermella e iniciara un artigo novo, co resultado de que teriamos un artigo duplicado.

Con Haynes talvez abonde cunha redirección, noutros casos poden precisarse moitas: p. ex. encollendo ou estendendo máis ou menos o nome, segundo sexan nomes máis ou menos compostos (incluso incluíndo nomes con abreviaturas), redireccións dende as formas galeguizadas ou as de nacemento, con preposicións, sen proposicións... p. ex. Rosalía Castro de Murguía, Rosalía Castro, Rosalía C. de Murguía, Rousalía Castro, Rousalía Castro de Murguía, María Rosalía Rita de Castro, Rosalía de Castro Abadía, Rosalía de Castro Abadía de Murguía, María Rosalía Rita Expósito… Unha boa forma de atopar diferentes formas dun nome, para un persoeiro determinado, é consultar as páxinas das autoridades ligadas no cadro de control que aparece ao final da páxina (VIAF. GND, ISNI…)

Tes máis información sobre este tema na política oficial "Wikipedia:Redireccións" e na páxina Axuda:Como redireccionar unha páxina.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --RubenWGA (conversa) 12 de decembro de 2021 ás 19:32 (UTC)Responder