Benvido(a) á Galipedia, Soidade daponte!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Hugo22 18:51, 28 febreiro 2010 (UTC).

Pasta de papel editar

  • Ola, Soidade, benvida á wikipedia. Estiven vendo o teu artigo sobre pasta de papel, e precisa algúns retoques de lingua (e de formato wiki). Se o estimas oportuno, doulle unha pequena revisión. Alégrome de que te animases a escribir, saúdos. --Xoán Carlos Fraga 19:19, 28 febreiro 2010 (UTC)
  • Ola de novo, Soidade. Para falar con calquera usuario, clicas onde pon conversa (un pouco á dereita do usuario) e xa deixas alí a nota que ti queiras. Estaría ben que lle botases unha ollada á Guía de edición, que tes aí arriba nesta mesma páxina, para que saibas unhas cousiñas básicas. E concretamente sobre o teu artigo da pasta de papel, como dis que estás escribindo a partir da túa experiencia persoal, seguramente coñecerás algunha boa referencia (algún libro) que podes pór ao final para que o lector poida consultar. Máis nada, saúdos. --Xoán Carlos Fraga 20:19, 28 febreiro 2010 (UTC)
  • Fágoche unha suxestión: Por que non colles o artigo [1] da wiki en español e o adaptas para a Galipedia, edítalo e veslle as tripas, cópialo e metelo na nosa coas adaptacións que ti vexas necesarias. Así tamén ves como é artigo enciclopédico, e despois engádeslle a información que ti queiras. Se precisas axuda, non dubides en pedila. Saúdos. --Xoán Carlos Fraga 22:06, 28 febreiro 2010 (UTC)

Ola, Soidade!

Modifiquei un chisco o artigo que creaches, aumentándoo con imaxes e con algo de texto da wikipedia en castelán. Mudeille o nome a papel maché, porque o artigo trata da técnica, non da materia prima.

Anímote a seguir colaborando coa galipedia, e mesmo a subir fotos das túas creacións para axudar a comprender o proceso. En caso de dúbida, non teñas medo de consultar con algún dos administradores.

Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 14:34, 1 marzo 2010 (UTC)