Benvido(a) á Galipedia, Sert!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 10:40, 6 abril 2010 (UTC)

Nomenclátor editar

Tiven que reverter a túa edición. Na Galipedia seguimos este criterio. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 10:40, 6 abril 2010 (UTC)

Estimado compañeiro: edicións como a que ti fixeches sobre certos topónimos son frecuentes porque non é raro atopar nomes de lugares que non coinciden coa forma que a xente dese lugar emprega. Isto podería levarnos a discusións infrutuosas sobre cal é a forma correcta do topónimo, que só servirían para perder o tempo e malgastar as enerxías. Como convención, na Galipedia decidiuse, hai tempo xa, cinguirse ao estipulado no Nomenclátor oficial, que se pode consultar nas páxinas do IGE e do INE. A outra opción, a de reivindicar ante a Administración o uso do topónimo correcto, é necesaria tamén, e debo felicitarte por decidires tomar esa iniciativa, pero sei que comprenderás que unha enciclopedia é ante nada un vehículo de coñecemento, e non unha plataforma de reivindicacións. Saúdos. Xoacas(góstache o pemento?) 12:44, 6 abril 2010 (UTC)

Como che di Xoacas, o noso criterio é o do nomenclátor da Xunta, que as máis das veces vai ben pero que pode ter fallos, por suposto. En calquera caso, primeiro teñen que corrixilos eles para despois seguir nós. Nunca ao revés, porque esta enciclopedia non é unha fonte primaria. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 13:24, 6 abril 2010 (UTC)

Vai cambiar o seu nome de usuario editar

18 de marzo de 2015 ás 01:46 (UTC)

Renomeado editar

19 de abril de 2015 ás 07:39 (UTC)