Benvido(a) á Galipedia, Sergio Junior Guitarist!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.Banjo tell me 21 de xaneiro de 2016 ás 07:07 (UTC)

Recoñecemento cando se traduce doutra WikipediaEditar

Ola Sergio Junior Guitarist.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
 
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! Banjo tell me 21 de xaneiro de 2016 ás 07:07 (UTC)

  Benvido á Wikipedia. Aínda que convidamos a todo o mundo a que contribúa na Wikipedia, algunha das túas edicións recentes semella non ser construtiva e foi revertida ou eliminada. Por favor, usa a zona de probas para realizar probas de edición e bótalle unha ollada á páxina de benvida para aprender máis sobre como colaborar nesta enciclopedia. Grazas.--. HombreDHojalata.conversa 14 de febreiro de 2019 ás 08:59 (UTC)

"En progreso" ou non?Editar

Ola Sergio Junior from Brazil.
Se algo é curto ou é longo e algo subxectivo. Ti es un editor novel e quizais aínda non tes referencias para facerte cun criterio propio. Para solucionalo aí vai unha suxestión: ¿tes acceso a algunha biblioteca? En case todas hai unha ou máis enciclopedias (si, desas tradicionais, en papel, de moitos volumes). Pois ben, compara! O artigo da Wikipedia en Galego é sensiblemente inferior ao desa enciclopedia? Si? Daquela o artigo da Galipedia merece o {En progreso}. Pola contra, non. Se fas a proba verás que (curiosamente) incluso temos moitos "artigos" que non teñen esas enciclopedias. Asemella, pois, que non é axeitado poñerlle cartelón de {progreso} a páxinas ás que os propios profesionais do mundo editorial non adicaron res.
Por último, dicirche que hai que tomar a cousa con calma. A Wikipedia non é unha carreira de velocidade, é de fondo, e a medida que vaias collendo máis experiencia irache dando máis satisfaccións.
Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 14 de febreiro de 2019 ás 09:12 (UTC)

Olá. Entendo, de feito pensei que todos os artigos que marquei con "{progreso}" estaban inconclusos. Si, ti ten razon cando di que eu "aínda non teño referencias para facer certas edicions cun criterio propio", porque fixen iso sen ter a referencia exacta do que é un bosquexo. Sinto moito por inserir "{progreso}" en varios artigos sen necesidade. Desfaceré a maioría destas edicións. Unha vez mais, sinto moito. --Sergio Junior Guitarist (conversa) 15 de febreiro de 2019 ás 04:27 (UTC)