Sergio Junior from Brazil
Benvido(a) á Galipedia, Sergio Junior Guitarist!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
|
Boa estadía e bo traballo.☣Banjo tell me 21 de xaneiro de 2016 ás 07:07 (UTC)
Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia
editarOla Sergio Junior Guitarist.
Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.
Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:
- A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
- →
- → Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
- → Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
- → A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
- → Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
- Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir! ☣Banjo tell me 21 de xaneiro de 2016 ás 07:07 (UTC)
Benvido á Wikipedia. Aínda que convidamos a todo o mundo a que contribúa na Wikipedia, algunha das túas edicións recentes semella non ser construtiva e foi revertida ou eliminada. Por favor, usa a zona de probas para realizar probas de edición e bótalle unha ollada á páxina de benvida para aprender máis sobre como colaborar nesta enciclopedia. Grazas.--. HombreDHojalata.conversa 14 de febreiro de 2019 ás 08:59 (UTC)
"En progreso" ou non?
editar- Ola Sergio Junior from Brazil.
- Se algo é curto ou é longo e algo subxectivo. Ti es un editor novel e quizais aínda non tes referencias para facerte cun criterio propio. Para solucionalo aí vai unha suxestión: ¿tes acceso a algunha biblioteca? En case todas hai unha ou máis enciclopedias (si, desas tradicionais, en papel, de moitos volumes). Pois ben, compara! O artigo da Wikipedia en Galego é sensiblemente inferior ao desa enciclopedia? Si? Daquela o artigo da Galipedia merece o {En progreso}. Pola contra, non. Se fas a proba verás que (curiosamente) incluso temos moitos "artigos" que non teñen esas enciclopedias. Asemella, pois, que non é axeitado poñerlle cartelón de {progreso} a páxinas ás que os propios profesionais do mundo editorial non adicaron res.
- Por último, dicirche que hai que tomar a cousa con calma. A Wikipedia non é unha carreira de velocidade, é de fondo, e a medida que vaias collendo máis experiencia irache dando máis satisfaccións.
- Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 14 de febreiro de 2019 ás 09:12 (UTC)
Olá. Entendo, de feito pensei que todos os artigos que marquei con "{progreso}" estaban inconclusos. Si, ti ten razon cando di que eu "aínda non teño referencias para facer certas edicions cun criterio propio", porque fixen iso sen ter a referencia exacta do que é un bosquexo. Sinto moito por inserir "{progreso}" en varios artigos sen necesidade. Desfaceré a maioría destas edicións. Unha vez mais, sinto moito. --Sergio Junior Guitarist (conversa) 15 de febreiro de 2019 ás 04:27 (UTC)