Benvido(a) á Galipedia, Seoane Prado!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de marzo de 2017 ás 09:00 (UTC)Responder

Imaxes de Vigo editar

Boas, deixeiche un comentario na túa conta de Commons xa que falta información das imaxes antigas de Vigo que subiches. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de marzo de 2017 ás 08:15 (UTC)Responder

Boas! contestei xa o que pasa é que non teño moi claro onde hai que contestar, deixei unha mensaxe na túa páxina de covnersa polo momento, saudos. --Seoane Prado (conversa) 27 de marzo de 2017 ás 12:23 (UTC)Responder

En Commons está perfecto, xa che respondín. Pero se o prefires podemos falar aquí, o sitio é o de menos, o caso é aclarar o tema :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de marzo de 2017 ás 16:36 (UTC)Responder

Galicia e Galiza editar

Como sabes, ambas as dúas opcións son correctas. Cómpre polo tanto respectar o criterio do primeiro editor. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 17 de outubro de 2017 ás 15:11 (UTC)Responder

Na web oficial da Xunta non sae o mesmo: https://www.xunta.gal/a-presidencia/saudo-do-presidente , é Xunta de Galicia, Presidente da Xunta de Galicia, agás que agora sexamos portugueses, posto que Galiza somentes é una aceptación dunha variante lusista dentro na RAG pero non é a OFICIAL. Wikipedia non é o sitio para facer política, se algún quere cambiar o termo oficial debe ir ao parlamento galego e facer alí política, cando no DOG saia "Xunta de Galiza" aceptaréi como correcto tal termo. Un saúdo --Seoane Prado (conversa) 18 de outubro de 2017 ás 16:03 (UTC)Responder

Revisa as NOMIG, Seoane. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 18 de outubro de 2017 ás 18:17 (UTC)Responder
E unha vez que confirmes o que din as NOMIG, revisa os criterios oficias da Wikipedia en canto ás variantes duplas: velaquí. Por outra banda, para que ao usuario ao que desexes dirixirte lle apareza o aviso de nova mensaxe, debes escribir na súa páxina de conversa (non na de teu); outramente, é posible que esa persoa non chegue a vela. Calquera outra dúbida, non temas en preguntar. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 18 de outubro de 2017 ás 18:25 (UTC)Responder
Bo día, Seoane Prado. Creo que esta conversa ten varios planos. (1) Por unha banda, si, na actualidade a denominación oficial da institución só é Xunta de Galicia [-icia], igual que oficialmente só cabe falar da Consellería [-ería] de Sanidade. É un criterio político (non lingüístico, onde Galiz ou consellaría son termos correctas para a RAG) que tamén aquí se respecta. Olla que Consellería de tal cousa e Xunta de Galicia son as primeiras opcións, mentres que consellaría e Xunta de Galiza se limitan a servir como redirección. Eu non ía por aí, como podes comprobar se revisas o que digo nas mensaxes previas. (2) Lusismo é empregar *ciumes ou *ciúmes por celos, *acreditar como sinónimo de crer ou *crianza co significado de neno. Galiza ou Galicia (que tamén é a miña opción cotiá, por certo) nada ten que ver con iso. Remitíache ás NOMIG -reformadas en 2003- para que o leses ti mesmo no canto de ter que te fiar do que eu ou calquera outro poida dicir. En todo caso, non me importa nada copiarcho: Galiza é tamén unha forma lexitimamente galega, amplamente documentada na época medieval, que foi recuperada no galego contemporáneo. (3) Cataluña é a única denominación posible en galego para Cataluña. Catalunya é o seu nome en catalán, igual que London é o nome en inglés para a cidade que en galego se chama Londres. Talvez referíaste á oficialidade da toponimia, non sei. De todas formas, que saibas que Galicia e Cataluña teñen como única toponimia oficial a galega e a catalá respectivamente. No País Vasco, até hai poucos anos, tiñan a dupla en castelán e éuscaro, pero agora sumáronse á nosa liga. O que pola contra si mantén a dupla denominación válida en termos de toponimia é o País Valenciano. (4) A modo de síntese, reitéroche o que daba razón de ser a este fío: o criterio a seguir na Wikipedia en galego é respectar a opción do primeiro editor, sexa Galiza ou Galicia, manipulable ou manipulábel, libraría ou librería, dende ou desde, até, ate ou ata. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 19 de outubro de 2017 ás 09:38 (UTC)Responder
Ola, Seoane. As NOMIG, xunto co VOLG, son os únicos textos con carácter normativo para a lingua galega (Ver lei de normalización lingüística), e nelas figura o carácter equivalente dos termos Galicia e Galiza. Posto que a Wikipedia non é un foro (Ver O que a Wikipedia non é, pecho aquí a miña participación deste fío. Nas provincias galegas, penseo que confundiches Vigo con Lugo. En canto ao termo aparcadoiro, engánaste: en portugués é estacionamento. Aparcadoiro é un bo exemplo de neoloxismo de creación recente non importada dende unha lingua próxima. E máis nada; anímote a que sigas editando; o traballo colectivo na Wikipedia dá moitas satisfaccións. --Atobar (conversa comigo) 19 de outubro de 2017 ás 17:28 (UTC)Responder
Grazas a ti. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 19 de outubro de 2017 ás 21:41 (UTC)Responder