Benvido á Galipedia, Ruchi99!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 14 de xaneiro de 2015 ás 19:44 (UTC)Responder

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia editar

Ola Ruchi99.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
 
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 14 de xaneiro de 2015 ás 20:13 (UTC)Responder

Tradutores automáticos editar

Ola Ruchi.

Ollo cos tradutores automáticos. Mudan "París" por "parides". Mes "VI" (xuño) por "vide" do verbo ver...

Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 14 de xaneiro de 2015 ás 21:54 (UTC)Responder

Mover editar

Cando queiras mudar o nome dun artigo, emprega a opción "Mover", para que non se perda o historial de edicións.

 
Para mudar o nome dun artigo emprégase a opción "Mover".

--. HombreDHojalata.conversa 14 de xaneiro de 2015 ás 22:27 (UTC)Responder

el editar

Ola Ruchi.

"El" non leva acento en galego [1]. --. HombreDHojalata.conversa 15 de xaneiro de 2015 ás 07:40 (UTC)Responder

Importancia das referencias editar

Ola Ruchi.

Nun proxecto coma este, as referencias son moi importantes. Tes información sobre iso en: Wikipedia:Verificabilidade, Wikipedia:Citar as fontes, Wikipedia:Wikipedia non é unha fonte primaria...

Antes de continuar comezando artigos novos, procura, por favor, engadir referencias aos xa feitos.

Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 15 de xaneiro de 2015 ás 19:07 (UTC)Responder

Mon te preocupes. Pouco a pouco. Ninguén nace aprendido.
Porén, cando traduzas dun artigo que ten referencias no orixinal, tenta non deixalas atrás. Tráeas, tamén, para a Galipedia.
Ti vai ao teu ritmo. --. HombreDHojalata.conversa 15 de xaneiro de 2015 ás 19:28 (UTC)Responder
Esta ben o intento, pero non tes que copiar o bloque de referencias doutra Wikipedia e pegalo nesta. Hai que incluílas cadansúa no lugar do texto que corresponde. Edita o artigo orixinal e verás como se fai. Boas noites. --. HombreDHojalata.conversa 15 de xaneiro de 2015 ás 22:54 (UTC)Responder