Benvido(a) á Galipedia, Rosarinagazo!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Non dubides en contactar comigo cando desexes. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 00:06, 18 xullo 2006 (UTC)

  • Hola Rosarinagazo. Grazas por colaborares en Commons. Acabo de marcar coa etiqueta {{Atención}} os artigos que creaches sobre Abadín, por non teren a estrutura adecuada e faltarlles ligazóns internas. Quede claro que sempre é preferible que os escribas con eses pequenos defectos a que non os escribas. O motivo en realidade para comunicar contigo é reiterar que, se tes algunha dúbida, o que sexa (ligazóns, ...) mo comentes. Os atigos xa mirarei de corrixilos. Por certo, teñen eses defectos, pero son totalmente aproveitables. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 17:02, 7 agosto 2006 (UTC)
  • Acábome de dar de conta de que os arquivos non os creaches ti, perdoa. Non tiña motivo ningún para che suxerir o que che suxerín. Xa mirarei de traballalos eu, se a todo o mundo lle parece ben. Polo momento retoquei, como exemplo, o de Abadín, Abadín. Desculpa (por desgraza son moi despistado). Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 22:58, 7 agosto 2006 (UTC)

Ola Rosarinagazo!, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para informar do que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia podes incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi valiosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 22:16, 15 setembro 2006 (UTC)

Ola Rosarinagazo editar

Non entendo esta edición túa: [1]

Engadir espazos en branco nos encabezados non serve máis que para aumentar de peso o artigo nos servidores, de feito hai bots encargados de quitalos para alixeirar espazo.

E poñer interwikis a artigos que non existen tampouco ten utilidade.

Que é o que querías facer exactamente, podo axudarte?--. HombreDHojalata.conversa 18:57, 23 de xuño de 2011 (UTC)