Benvido(a) á Galipedia, Rokambolexko!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 16:41, 19 xaneiro 2010 (UTC)

O artigo non era enciclopédico, nin seguía o formato común da Galipedia nin nada. Deberías comezar por aprender de que vai isto antes de increpar editores que fan o seu traballo e o fan ben. Por favor, reflexiona e se cres que podes achegar algo conforme a criterios encicopédicos, adiante. E, por favor, se podes, en galego. Que isto é a Galipedia. Supoño que o entenderás. --Atobar (conversa comigo) 21:21, 19 xaneiro 2010 (UTC)

Boa noite. Por favor, cínguete ao contido enciclopédico e non chantes contidos ao chou, sexan ou non de traducións doutras wikis. Así, por exemplo, non é bo o que fixeches no artigo Mario Conde. Trata de solucionar os problemas sinalados. Se tes dúbidas, pregunta sen medo. --Atobar (conversa comigo) 00:07, 27 de xuño de 2010 (UTC)
  • Por favor, edita con xeito. Dígocho polo artigo de Vilalba, que unha vez máis non se cingue ao que debe ser unha enciclopedia (ton nuetral, aséptico; nada de afagos nin loas). Por favor, deixa a teima. --Atobar (conversa comigo) 21:07, 29 de xuño de 2010 (UTC)

Encomio, loa, loanza, eloxio. Quero dicir que non se pode falara do fenomenal presidente que é Obama nin do literaria ou bonita que é a Terra Cha. Os adxectivos que indiquen claramente unha subxectividade do editor, aquí sobran. De calquera maneira, segue traballando que é de agradecer. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 21:41, 29 de xuño de 2010 (UTC) enhorabuena por tu trabajo, y perdona la insistencia--Rokambolexko 21:48, 29 de xuño de 2010 (UTC)

Na Galipedia empregamos o nome polo que é coñecido un persoeiro e non o nome completo, que vale ben nunha redirección. Así, falamos de Bebeto como páxina principal é de José Roberto Gama de Oliveira como redirección. Amais, revertín as túas edicións con importantes fallos de lingua. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 11:55, 9 de xullo de 2010 (UTC)

Carlos Varela editar

Ola! Pois Xixón si existe en galego (e asturiano), de feito o topónimo oficial nin sequera é Gijón, senón Gijón/Xixón, sendo esta última a forma galega. E claramente non pedín permiso á familia para divulgar un feito, do mesmo xeito que non o fixen cando escribín sobre Moncho Reboiras, Manuel Suárez Castro ou calquera dos artigos biográficos que fixen (que son uns cantos). Se a información é correcta a súa eliminación non corresponde, e non creo que sobre un feito ninguén poda intentar censuralo (sempre que sexa certo, claro). --Alberte Si, dígame? 23:28, 15 de xullo de 2010 (UTC)

Vilalba editar

Ola, rapaz. Desfixen as túas edicións en Vilalba. O motivo telo ben explicadiño no historial. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:31, 15 de xullo de 2010 (UTC)