Benvido(a) á Galipedia, Raul!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Alberte Si, dígame? 21:28, 5 decembro 2009 (UTC)

Radiovoz editar

Ola, como che vai?, queríache comentar unha cousa, o texto que puxeches en Radio (medio de comunicación) non é o máis apropiado, ese é un artigo para a radio en xeral, e un texto tan longo para unha soa emisora de radio non é moi pertinente, é mellor que cres o artigo Radiovoz e poñas alí ese texto, non dubides consultarme calquera dúbida. Saúdos.--RNC 08:46, 6 decembro 2009 (UTC)
Fixen algúns cambios, faltáballe formato para ligar o artigo ao resto da Galipedia, tamén se debe dividir en seccións para facilitar a lectura, podes ver un exemplo dun artigo semellante en Cadena SER, tampouco debes esquecer asinar nas páxinas de coversa, faise premendo no símbolo cuarto pola esquerda da caixa de edición, entre o trazo e W riscado.--RNC 19:36, 6 decembro 2009 (UTC)
  • Premendo aquí podes ver unha comparativa entre a versión primeira e a última (polo de agora). Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 19:47, 6 decembro 2009 (UTC)