Benvido á Galipedia, Rabalexo!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Atobar (conversa comigo) 11:21, 5 maio 2009 (UTC)

Ola Rabalexo, benvido e boa estadía. Tamén dicirche que deberías engadir unha caixa de información como a que che facilito dentro da páxina editar da túa imaxe Ficheiro:Riotamegarabal.jpg , cambiando os datos, para que non sexa borrada a imaxe.--PepedoCouto (dimo aquí) 11:14, 5 maio 2009 (UTC)

  • Rabalexo, cómpre que engadas a caixa de info esta:
Descrición

Pon a descrición

Orixe

Especifica a orixe

Data

Pon a data

Autor

Pon o autor

Licenza
(Reuso deste ficheiro)

A licenza

Outras versións Outras versións

Se non, as imaxes non poden permanecer. E cómpre que os datos sexan certos, obviamente. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 12:54, 5 maio 2009 (UTC)

Todo o que estás facendo, tenme toda a pinta de que vai ser en van, a non ser que poñas a caixiña e deas demostrado que son túas as fotos. Na última que subiches mesmo pón rabalexo.es nun recuncho da foto, co cal todo indica que non é fonte limpa o asunto. Un saúdo e ponte axiña coas caixas, Rabalexo.--Atobar (conversa comigo) 13:46, 5 maio 2009 (UTC)
Boas outra vez, Rabalexo. Vexo que segues a subir imaxes e que polo menos agora teñen a caixa. Pero, son túas? Por unha cuestión de dereitos e da lexislación española non podes subir imaxes de páxinas web ao chou. Nesta web atopei moitas das fotos que estás a subir, polo que vou pór o caso en mans dun administrador. Se son túas non haberá problema, se non é así está máis complicado. En calquera caso, graciñas por colaborares e bo traballo. E non te preocupes, ninguén nace aprendido e é normal que non saibas do tema de dereitos de imaxe. Tampouco eu sei gran cousa. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 14:11, 5 maio 2009 (UTC)
  • Se a páxina web é túa e as imaxes tamén podes poñer na propia páxina web que as imaxes están no dominio público, así non habería dúbidas.--RNC 14:15, 5 maio 2009 (UTC)
  • Rabalexo, eu non che podo dicir moito máis. Simplemente, ás veces estou ao quite, porque hai moita xente que pasa olimpicamente das convencións lexislativas e iso dana a imaxe da Galipedia. RNC ou Albert Galiza poden axudarche moito máis ca min neste ámbito. Diríxete a eles. Eu son máis de lingüística. Aburiño.--Atobar (conversa comigo) 14:20, 5 maio 2009 (UTC)

CopyrightEditar

Ola Rabalexo! As imaxes que cargaches posúen copyright. Se a páxina web é túa, tes que engadirlle unha licenza compatible coa Wikipedia (podes velas aquí: Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe). A ausencia de licenza (como semella se-lo caso da web) fai que se dea por suposto que posúe copyright, e polo tanto tódalas imaxes sacadas de aí non poden ser engadidas á galipedia. Polo tanto hai dúas opcións: ou a inclusión dunha licenza compatible na túa páxina web (no caso de sela) ou o borrado das imaxes. Para calquera dúbida pregunta sen problemas, xa que o tema das imaxes é o máis enleoso que ten a wikipedia. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 14:27, 5 maio 2009 (UTC)

Creo que non fai falta ir foto por foto. Coido que é sufuciente con que na portada da páxina nalgún recuncho apareza a licenza indicando que tódolos contidos da páxina están baixa a dita licenza. Aquí podes obter máis información: [1]. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 14:41, 5 maio 2009 (UTC)
    • Non che sei se vale xa así. Eu, por se acaso, poríano do seguinte xeito:

<a rel="license" href="http://creativecommons.org/licenses/publicdomain/"><img alt="Creative Commons License" style="border-width:0" src="http://i.creativecommons.org/l/publicdomain/88x31.png" /></a><br />Os contidos desta páxina web están baixo <a rel="license" href="http://creativecommons.org/licenses/publicdomain/">Dominio Público</a>.

Así aparecerá unha pequena etiqueta indicándoo. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 15:08, 5 maio 2009 (UTC)

Boas de novo. Fáltalle a caixa a unha das imaxes Ficheiro:Rabal.JPG. Ademais en cada unha das imaxes que cargaches, no apartado Source/Fonte, habería que pór o link da páxina da túa web de onde sacaches esa imaxe en particular. Máis nada, un saúdo. Alberte Si, dígame? 15:50, 5 maio 2009 (UTC)
Non, as páxinas de concellos ou institucionais non teñen por que estar no dominio público. De feito a inmensa maioría teñen copyright. Saúdos. Alberte Si, dígame? 16:57, 5 maio 2009 (UTC)

ImaxesEditar

Ola Rabalexo, tés un problema na descrición das imaxes, xa que en todas pos Queimada na festa de Rabal, cando esa só corresponde a unha das imaxes. Procura facer unha descrición correcta de cada unha delas. Non te preocupes por non sabelo facer ben á primeira. Outra cousa, cando fagas unha edición na páxina dun usuario asínaa, senón non sabe quen lle envía a mensaxe.

O xeito de facelo é así: unha vez que teñas escrito a mensaxe, picas no cuarto cadriño, empezando pola dereita, dos trece que che aparecen enriba da páxina de conversa e dáslle a gardar páxina e listo! Un saúdo.--PepedoCouto (dimo aquí) 18:08, 5 maio 2009 (UTC)

Concello de OimbraEditar

Ben, polo que vexo a páxina do concello gárdase os dereitos [2], polo que non se poden coller nin imaxes nin textos de alí. Para facelo deberían posuír unha licenza compatible coa wikipedia, que permita obras derivadas e uso comercial. Polo tanto, non se pode sacar nada de aí, pero se es do pobo sempre podes sacar ti mesmo as fotos e cargalas na wikipedia, é o método máis doado :) Un saúdo. Alberte Si, dígame? 21:21, 6 maio 2009 (UTC)

Historia de OímbraEditar

Ola. Estoume dedicando a mantemento da wikipedia intentado quitar marcadores como os de illado e ortografía e caín no artigo sobre Oímbra. Ao ler a parte de historia vin algunhas cousas que me chamaron moito a atención (como o de Idacio, o de Coeliobriga, ...); despois vin a páxina de conversa na que indicabas varios erros clamorosos nesta sección. Só quería animarte a que refagas esa parte, xa que es historiador, e deste xeito fagas mellorar este proxecto. Un saúdo Servando2 (Dime) 4 de abril de 2020 ás 10:39 (UTC)