Benvido(a) á Galipedia, Pentimento!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de marzo de 2014 ás 00:37 (UTC)Responder

A Pobra editar

Boas, tiven que desfacer as súas edicións no artigo porque semellaban unha copia dunha web con copyright e iso non está permitido na Galipedia. Se precisas máis información sobre o tema podes consultar a páxina Wikipedia:Dereitos de autoría e se tes calquera dúbida podes contactar comigo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de marzo de 2014 ás 00:37 (UTC)Responder

Non te preocupes, non pasou nada, o bo deste proxecto é que todo se pode amañar. Podes achegar a información que creas interesante nos artigos sempre que con copies contido que teña copyright. O que me comentas de extraer a información das fontes que tes e redactalas de novo para incluílas no artigo e engadindo as referencias desas fontes é a forma perfecta de actuar :). Se queres como estás comezando, e para evitarte problemas, podes copiar o artigo da Pobra nunha subpáxina do teu usuario. Nesa subpáxina podes fedellar como queiras e cando a teñas lista podes avisarme a min ou a outros usuarios na taberna para que che voten unha man e revisen se os cambios foron correctos antes de pasalos ó artigo final. Pero só é unha proposta, podes facer como mellor consideres que conste. Se precisas axuda con calquera cousa da Galipedia podes avisarme na miña conversa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de marzo de 2014 ás 09:58 (UTC)Responder

Lampón editar

Ola, Pentimento!

As achegas que fixeches no artigo sobre a parroquia de Lampón son moi interesantes. Con todo, é importante indicar de onde tomas os datos, como fixeches no artigo da Pobra; podes incluír as referencias? Fixen algunhas modificacións, dándolle formato conforme ao resto de artigos da wiki. Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 19 de maio de 2014 ás 20:40 (UTC)Responder

Ola! Ao editares un artigo, debaixo do cadro onte escribes o texto aparéceche outro recadro onde pon "resumo"; aí é o lugar onde podes indicar de onde tomaches a información; outra xente faino na páxina de conversa do artigo, pero é máis cómodo escribilo no resumo porque queda gravado no historial do propio artigo.
No caso concreto dun libro manuscrito sen editar: sabes quen foi o autor? Se non, podes indicalo como "información tomada da documentación parroquial", ou algo similar.
Non te preocupes polo formato, que se vai aprendendo aos poucos. Unha cousa: recoméndoche a instalación dun corrector ortográfico (mira as instrucións máis abaixo), e lémbroche que o artigo dos topónimos tamén contrae (en vez de "En A Pobra", escríbese "Na Pobra"). Un saúdo, e a seguir! --Estevo(aei)pa o que queiras... 22 de maio de 2014 ás 03:09 (UTC)Responder

Axudas ortográficas editar

Ola Pentimento. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!