Benvido(a) á Galipedia, Penidos!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--. HombreDHojalata.conversa 14 de decembro de 2019 ás 21:24 (UTC)Responder

Eleccións municipais no Porriño editar

Ola Penidos. Grazas polas edicións realizadas non artigo Eleccións municipais no Porriño. Porén, queríache comentar unha cousiña. Nese tipo de páxinas adoita haber un formato prefixado cos datos das candidaturas, cando aparecen, e máis das gráficas. Por iso, quizais sería mellor que as túas últimas edicións sobre entidades locais máis perquenas có conxunto do concello fosen nun apartado específico sobre "Eleccións" na páxina co concello. Así, mantemos o formato da páxina das eleccións e amplíase e concrétase toda esa información na páxina do concello. Que opinas?. Un sáudo. E a seguir. MAGHOI (conversa) 5 de xuño de 2021 ás 09:10 (UTC)Responder

Eleccións municipais na Coruña editar

Ola, Penidos! Como vai todo?

Quería preguntarche se che apetece incluír o material específico de Eleccións municipais de 2019 na Coruña no artigo xenérico Eleccións municipais na Coruña, pois ambos os artigos levan un tempo cos marcadores para seren combinados. Se o fas avísame ao rematares, para proceder coa fusión, pois debe facelo un administrador.

Aproveito para agradecerche o teu traballo de investigación coas eleccións municipais. Dentro de nove meses estaremos a tope con ese tema, actualizando información, pero ten moito mérito todo o que fas con contido de hai bastantes anos.

Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 15 de agosto de 2022 ás 12:55 (UTC)Responder

Ola Estevo(aie),
Polo momento estou centrado naqueles concellos aos que lles faltan datos. No caso da Coruña vexo que está bastante completa, así que non entraría no meu filtro. En calquer caso, anoto ese comentario para facelo nunha segunda rolda.
Saúdos,
Penidos (conversa) Penidos (conversa) 16 de agosto de 2022 ás 16:44 (UTC)Responder

Eleccións en Castro Caldelas editar

Bo día! Que tal?

Anímaste a actualizar a información en Eleccións municipais en Castro Caldelas cos datos relativos á repetición dos comicios que tivo lugar onte? (artigo). Mil grazas polo teu traballo! Un saúdo!! --Estevo(aei)fálame aquí 27 de novembro de 2023 ás 08:10 (UTC)Responder

Ola,
Si. Xa tiña pendente de revisar os resultados de Castro Caldelas en canto estivesen dispoñibles.
Un saúdo. Penidos (conversa) 27 de novembro de 2023 ás 17:58 (UTC)Responder