Benvido(a) á Galipedia, Opensamentoraposo!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 12:47, 8 decembro 2009 (UTC)

Imaxe sen licenza editar

 
Esta imaxe será borrada por carecer de licenza
Image:Autorretrato a.jpg

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Autorretrato a.jpg', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Se accedes á túa imaxe, observarás que está marcada para ser eliminada por falta de datos. Os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza (ou copyright) e a orixe (ou source). Tódalas imaxes que se suban á Galipedia teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí.

Pódeche axudar para entender o que é a licenza ler Wikipedia:Política de uso de imaxes. Tes un listado de licenzas en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe.

A orixe ou source consiste en aclarar de onde sae a imaxe, preferentemente mediante un enlace ou unha cita. É obvio que isto non é aplicable a aquel material que se publique por primeira vez na Galipedia polo seu autor, sendo este quen cargue as imaxes aquí. Pero si debe indicarse expresamente.

Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade para engadir os datos (Como contactar con outros usuarios)
Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo  Lmbuga / Conversa comigo  17:49, 16 decembro 2009 (UTC)

Retirei a imaxe da páxina Xoán Abeleira. Probablemente ti sexas Xoán Abeleira, pero tes que escoller unha licenza de imaxe para poder compartir a foto que pretendes compartir. Sinto as molestias, pero as normas da Galipedia son así. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  17:54, 16 decembro 2009 (UTC)

Bandua editar

Desfixen a túa edición en Bandua, non era admisible, podes mellorar o artigo, dando conta desas novas interpretacións, coas súas fontes, pero o que non podes é engadires no artigo a ligazón da wikipedia inglesa para dar a coñecer esas novas interpretacións, que se son relevantes se deben engadir ao artigo galego (senón semella unha versión do que inventen eles)--RNC 18:15, 7 xaneiro 2010 (UTC)

Vai cambiar o seu nome de usuario editar

18 de marzo de 2015 ás 01:45 (UTC)

Renomeado editar

19 de abril de 2015 ás 07:39 (UTC)