Benvido á Galipedia, Oburgo!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 19:57, 25 outubro 2009 (UTC)

Flickr editar

Boa noite, Oburgo. Non me parece unha ligazón enciclopédica porque tal como eu o vexo non achega nada que non houbese antes. É certo que son fotos maioritariamente de Galicia, pero para fotos de Galicia xa temos as do proxecto, e se nos referimos a Flickr, pois xa a ligazón anterior enlazaba co groso do flickr. En calquera caso, se cadra, tampouco pasaría nada por tela deixado, pero comprende que hai moita xente que tenta pór os seus blogs, as súas fotos ou a súa web persoal sobre a súa vila ou equipo de fútbol, e por iso optei, ao non ter máis datos nin explicacións, por borrala. Como che digo, non creo que sexa enciclopédica, pero se os demais si o cren, reporase. De feito, se segues crendo que debería figurar nas ligazóns externas, anímote a que expliques o caso na páxina de conversa do artigo, que para iso está, e que opinen os demais editores. En calquera caso, graciñas por me contactares e non tentar repór a ligazón á calada, que poucas veces sae ben. Canto á forma d discusión, mandarme un e-mail, como fixeches, é unha opción, pero non é tan boa, nin tan rápida, nin tan pública, nin tan directa coma esta, a de escribir nas páxinas de conversa dos usuarios, onde calquera poder ler e opinar. Para me responder, tes que ir á miña páxina de conversa, e ao fondo, retrucarme o que queiras. Un saúdo e a choiar duro no proxecto. --Atobar (conversa comigo) 00:27, 26 outubro 2009 (UTC)

Moitas grazas polas explicación e ben asinado. Só che faltou unha cousa: facelo ao cabo do texto e non ao comezo de frase. Pero ben, moi ben. Ninguén nace aprendido. Canto ás fotos, eu creo que o mellor modo de non andarmos con conflitos do que é ou non é enciclopédico, é que as fotos que consideres de interese e teñan licenza libre, as subas á Galipedia. En calquera caso, benvido ao proxecto e anímate a editar no que che gusta ou no que saibas: fotografía, recursos da rede, literatura, fútbol, mitoloxía... E aquí che vai unha ligazón con recursos de lingua que che poden ser útiles. Un saúdo e falamos por aquí. --Atobar (conversa comigo) 10:49, 26 outubro 2009 (UTC)