Milcousas
Benvido(a) á Galipedia, Milcousas!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 11:07, 12 de decembro de 2010 (UTC)
- A Galipedia non é lugar no que facer publicidade de libros, aconsélloche que mires as ligazóns de enriba para coñecer o que é a wikipedia.--Cheluco 11:58, 12 de decembro de 2010 (UTC)
- Se un usuario co nome milcousas fai un artigo sobre un libro con ese título por moita boa fe que se teña todo fai pensar en que é publicidade, é posible que o teu caso non fora pero eu non tiña xeito de comprobalo. Claro que se poden facer artigos de seres de ficción, pero nalqueles casos nos que sexan coñecidos, e mirando en internet non hai nada que indique relevancia para ese ser. Queda por último dicir que se ti es o autor do libro ou tes algún tipo de relación determinante (editor, deseñador, ilustrador...) tampouco podes escribir sobre el. Non teñas dúbidas en preguntar o que queiras, e desde logo esta é a túa casa, espero que este comezo non impida que colabores, a túa colaboración é benvida. --Cheluco 12:54, 12 de decembro de 2010 (UTC)