Benvido(a) á Galipedia, Miguelfernandez1!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 18:31, 20 de maio de 2011 (UTC)

Nova conta

editar

Decatárame, decatárame. Miguel. Estás a facer un traballo caralludo, moi útil. A ver se te temos por aquí por moito tempo, que o proxecto da Galipedia paga moito a pena, e como ferramente de normalización da lingua ten un poder que moitos nin albiscan. Un saúdo e iso: a seguir. --Atobar (conversa comigo) 19:01, 20 de maio de 2011 (UTC)

Sobre os bloqueos

editar

Probablemente, o tal Yaoming rexistrouse e editou desde o teu instituto e todos os ordenadores comparten o mesmo enderezo IP, de modo que o bloqueo afecta a calquera conta á que se acceda desde o centro. Vou probar a modificar unha configuración do seu bloqueo para ver se podes acceder á túa conta orixinal. En canto poidas, contéstame. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 19:10, 20 de maio de 2011 (UTC)

Non creo que te bloqueasen por iso na Wikipedia en chinés. En calquera caso, o bloqueo sería local (é dicir, soamente nesa Wikipedia) e non global. Poderías copiar a mensaxe que che sae ao acceder coa outra conta? A ver se o podo arranxar dalgún modo. --Toliño Fala aquí comigo 20:19, 20 de maio de 2011 (UTC)