Klescq
Benvido(a) á Galipedia, Klescq!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
![]() Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. ![]()
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
![]()
![]()
|
Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 4 de abril de 2018 ás 16:16 (UTC)
imaxe
editarOla, Klescq; borrei a portada de Campus morte porque o copyright é propiedade de Editorial Galaxia, e é incompatible coa licenza dos artigos da Wikipedia. Amais, no artigo de Lito Vila eliminei as ligazóns externas no corpo do artigo, pois non seguen o Libro de estilo. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 1 de xuño de 2018 ás 16:48 (UTC)
Ola, Estevoaei. Lito Vila é o meu irmán e el foi quen me dixo que Francisco Castro, como director de Galaxia e o seu editor, daba permiso para usar a imaxe na Galipedia :) Apertas, Klescq
- Ola, Klescq; dunha banda, bótalle un ollo a Wikipedia:Conflito de intereses, pois non é correcto editar artigos sobre unha persoa coa que temos relación, xa que non imos dar unha perspectiva neutral. Doutra banda, a imaxe tería que subila a propia Editorial Galaxia e facer explícito o permiso; a portada do libro ten Copyright, e Galaxia ten os dereitos sobre a imaxe; non é posible subila a Commons cunha licenza diferente e indicar unha autoría diferente. Sábeme mal, a min molaríame que na Wiki puidesen aparecer as portadas de libros ou discos, pero éche así. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 2 de xuño de 2018 ás 08:42 (UTC)