Benvido(a) á Galipedia, Karlitos!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 22:35, 10 xullo 2007 (UTC)

Image:Peirao Funchal.jpg é unha violación do copyright editar

  A imaxe Image:Peirao Funchal.jpg foi borrada por violación dos dereitos de autor

Grazas por colaborar subindo imaxes. A imaxe Image:Peirao Funchal.jpg foi borrada por ser unha violación dos dereitos de autor.

--Prevertgl 13:49, 11 xullo 2007 (UTC)

Image:36789275 Funchal.jpg é unha violación do copyright editar

  A imaxe Image:36789275 Funchal.jpg foi borrada por violación dos dereitos de autor

Grazas por colaborar subindo imaxes. A imaxe Image:36789275 Funchal.jpg foi borrada por ser unha violación dos dereitos de autor.

--Prevertgl 13:50, 11 xullo 2007 (UTC)

Licenzas de imaxe editar

Benvido á Galipedia Karlitos. Esta mensaxe está relacionada coas dúas imaxes que cargou. O formulario de carga de ficheiros advirte dun xeito moi claro sobre as condicións de carga de imaxes. As fotografías deben estar licenciadas cunha licenza libre, indicar a orixe e o autor. A imaxe Image:Peirao Funchal.jpg é unha copia de Image:Puerto Funchal.JPG, Image:36789275 Funchal.jpg copia de http://www.pbase.com/image/36789275 . Asignar unha licenza falsa é gravemente prexudicial para o wiki e non se pode considerar un acto feito de boa fe. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:51, 11 xullo 2007 (UTC)

Traducións e artigos curtos de máis editar

Ola Karlitos. Por favor inclúa no campo resumo, o que hai xusto debaixo da caixa de edición, un texto semellante a este "tradución do artigo Nome_do_artigo da Wikipedia en Nome_lingua..." cando se trate dunha tradución doutra Wikipedia. Por exemplo para Galápagos sería "tradución do artigo es:Galápagos da Wikipedia en castelán". A licenza da Wikipedia (GFDL) require atribución, ademais indicar a orixe permite que calquera usuario poida verificar o artigo con maior facilidade. En canto aos artigos curtos de máis, aqueles que teñen menos de 200 caracteres de texto, segundo os casos envíanse ao Galizionario ou son obxecto de eliminación rápida. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:02, 12 xullo 2007 (UTC)

Artigo con problemas editar

  • Boas, comunicoche que o seguinte artigo, marcado xa ten procedencia dunha paxina con CopyRight, polo que está a viola-las reglas do wiki; asimesmo o mesmo inxerido no artigo Moncho Valcarce no apartado de irmandade. Pola presente vexome na obriga de informalle que de non modifica-los devanditos artigos, estos procederanse a segui-la proposta para borrado. saúdos. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 22:16, 12 xullo 2007 (UTC)

Irmandade Moncho Valcarce editar

Ola de novo Karlitos. Por favor antes de continuar editando intente comprender o funcionamento do proxecto, pida axuda naquilo que non comprenda pero non cargue imaxes que non sexan súas nin copie textos de páxinas web con copyright para logo publicalos aquí. Quizais vostede faga as súas edicións coa mellor intención e realmente de boa fe pretenda axudar a mellorar este wiki, pero as edicións que fai transmiten un xeito de actuar que está moi lonxe diso. Tivemos que borrar o artigo 'Irmandade Moncho Valcarce' por ser unha copia de http://www.monchovalcarce.org/irmandade.htm Un cordial saúdo. --Prevertgl 23:14, 12 xullo 2007 (UTC)

Varios editar

Boas, Karlitos. Arranxei varios dos teus artigos. Tes bastantes fallas ortográficas, pero teño a impresión de que son erros ao traducires do portugués. Vai con ollo con acentos, porque categoria, mediterrâneo ou Janeiro non son palabras galegas. Volvendo con xaneiro, os meses son en minúscula. E procura dar información máis contrastada, falo sobre todo polo artigo da dona do ex-presidente de Portugal. Había algunha cousiñas non moi enciclopédica. Con todo, é unha sorte que te animes a seguir colaborando coa Galipedia e non dubides en consultar, a min ou a calquera outro, as túas dúbidas. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 22:38, 1 maio 2009 (UTC)