PalacioEditar

Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Palacio. Banjo tell me 1 de decembro de 2018 ás 18:40 (UTC)[]

Dámosche a benvida á Galipedia, Ivans wiki!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

  Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

  Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
  Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe doutra persoa tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.    
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación  Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
  Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.

Ola, Iván; por favor, non borres as mensaxes que outras persoas deixan na túa páxina de conversa. --Estevo(aei)pa o que queiras... 2 de decembro de 2018 ás 10:10 (UTC)[]

Traducións automáticasEditar

  Por favor deteña as súas traducións automáticas sen revisión posterior, coma a feita na súa última edición. A súa última edición foi marcada como unha tradución automática, e será borrado nun curto período de tempo a non ser que se arranxe o problema indicado.

As traducións automáticas considéranse prexudiciais, xa que o software de tradución automática é propenso a cometer moitos erros. Isto provoca que os artigos requiran unha revisión completa, sendo na maioría dos casos máis axeitado o borrado do artigo e o comezo dende cero. Teña en conta que unha reiteración na inclusión deste tipo de traducións automáticas podería chegar a causarlle ser obxecto dun bloqueo temporal ou permanente. Banjo tell me 14 de outubro de 2019 ás 17:23 (UTC)[]

Ola, fíxenas de xeito correcto e revisando todo o contido. Faltoume a de Steam que non me dera tempo a revisala, revisareina un destes días en canto poida. En canto á tradución do Signo do Zodiaco 'Virxe' ou Fortnite están perfectamente revisadas e correctas (nesta última faltanme dous pequenos apartados por revisar). Non sexamos tan alarmistas que o traballo foi decente (reitero que me falta contido por revisar e farei en canto poida nestes días), queredes xente nova para mellorar a Galipedia ou que non axude ninguén? Ambos sabemos o que facemos, e sempre con ánimo de mellorar a tan desmellorada Galipedia, saúdos. Conversa usuario: Ivans wiki 14 de outubro de 2019 ás 19:41 (UTC)

Referencias en contribucións recentesEditar

Ola, Ivans wiki. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso sigue os seguintes pasos:

 
Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
 
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoller unha segundo o tipo de cita.
 
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 8 de decembro de 2019 ás 13:06 (UTC) Eiquí tes a túa referencia: https://gl.m.wikipedia.org/wiki/Comarca_da_Barbanza (a número 4). Ademais de que a Xunta recolle como topónimo oficial "A Barbanza".conversa 9 de decembro de 2019 ás 16:00 (UTC)[]

We sent you an e-mailEditar

Hello Ivans wiki,

Really sorry for the inconvenience. This is a gentle note to request that you check your email. We sent you a message titled "The Community Insights survey is coming!". If you have questions, email surveys@wikimedia.org.

You can see my explanation here.

MediaWiki message delivery (conversa) 25 de setembro de 2020 ás 18:50 (UTC)[]