Benvido(a) á Galipedia, Hortorub!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 23:22, 20 de maio de 2011 (UTC)

Ola Hortorub. A túa páxina de usuario incumpre a política oficial. Por favor, retira a publicidade. Graciñas--. HombreDHojalata.conversa 19:34, 21 de maio de 2011 (UTC)

Ola Hortorub. Colliches unha imaxe da Galipedia, descargáchela ó teu ordenador, recortáchela e volviches a subila á Galipedia e mais a Wikimedia Commons coma da túa autoría. Cando sexa así tes que ter en conta que hai que citar a orixe da imaxe (o arquivo orixinal da Wikipedia en galego) e mencionar, tamén, quen é o autor da imaxe orixinal (se queres podes poñerte ti, a continuación, coma autor da "obra derivada"). De todas maneiras, despois non lle deches uso a esas subidas que fixeches. Se explicas exactamente o que querías facer igual che podemos axudar--. HombreDHojalata.conversa 07:21, 29 de maio de 2011 (UTC)

Imaxe copiada editar

E certo HombreDHojalata! Pero como comprenderas son muy novato neste menester. Tamen te darías conta que son de A Casiña, Arcos, Cuntis, é intento correxir os datos errados é falta de datos da miña localidade e arredores. O quería facer ca imaxe é poñela no título parroqui Arcos, Cuntis, que e a donde pertence, é non na imaxe que ta (fonte de Ferreiros) que pertence a aldea de Ferreiros. Tamen quero o mismo tempo que conste o meu traballo. Saúdos. --Hortorub 14:48, 29 de maio de 2011 (UTC) —o anterior comentario sen asinar foi feito por Hortorub (conversacontribucións)