Benvido(a) á Galipedia, Guillerme Moreira!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 18:27, 18 de xaneiro de 2011 (UTC)

María Rosendo e outros editar

Ola, Guillerme. Fixen uns cantos cambios en María Rosendo para axustalo ó formato, aquí podes velos. Nos outros artigos artigos que creaches fixen cambios semellantes, tenos en conta para futuras edicións. Bo traballo, un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:01, 18 de xaneiro de 2011 (UTC)

Ola, Guillerme. Por curiosidade: ti xa editaras antes nalgunha wikipedia? Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:56, 19 de xaneiro de 2011 (UTC)

Ola, Xoacas. Agradézoche as túas indicacións. E si, algo tiña feito. Saúdos. Guillerme.

Artigos demasiado curtos editar

Boa tarde, Guillerme. A ver se puideses meter algo máis de contido nos artigos. Non fai falla que sexa moito pero si un cabezallo inicial a poder ser. Dígocho polos artigos que estás a crear, o último deles Xosé Daniel Costas Currás. Graciñas, un saúdo, e para calquera cousa non tes máis que preguntar. --Atobar (conversa comigo) 18:18, 19 de xaneiro de 2011 (UTC)


Ola, Atobar. Os artigos que estou creando son na maior parte sobre autores novos, nalgúns casos que só teñen unha obra publicada, por iso son curtos; pero inclúo sempre ligazóns que complementen a información. Saúdos. Guillerme.

  • Guillerme, precisamente desas ligazóns externas que achegas podes reformular información e engadila aquí. No artigo de Susana Sánchez tes un exemplo do que cómpre facer. Olla para aquí. Por outra banda, unha cuestión técnica: para te dirixires a outro usuario debes facelo na súa páxina de conversa e non na de teu. E para asinares, non hai que escribir o nome senón a sinatura, que se engade premendo na icona cun lapiseiro e un garabato, xusto por cadro de escrita, ao acabares de redactar o que queiras dicir. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 18:36, 19 de xaneiro de 2011 (UTC)
Este vale perfecto. Graciñas, Guillerme. --Atobar (conversa comigo) 22:15, 19 de xaneiro de 2011 (UTC)