Dámosche a benvida á Galipedia, Glr2007!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.

Ola, Glr; A capitalía do concello é onde está a casa consistorial; no caso de Mos, é Reguengo. Un saúdo. --Estevo(aei)fálame aquí 10 de setembro de 2020 ás 21:00 (UTC)Responder

Pois non Sr Estevo: A capital é Mos neste caso porque no tempo do marquesado residiron alí todos os marqueses de Mos, e estuvo alí a casa consistorial ata 1935. Esta vez está confirmado co equipo de goberno municipal. Moitas grazas Estevoaei —o anterior comentario sen asinar foi feito por Glr2007 (conversacontribucións) 12 de setembro de 2020 ás 12:38‎

Asina as mensaxes nas páxinas de conversa editar

Ola Glr2007. Por favor, asina as túas mensaxes nas páxinas de conversa.

 
Asina as mensaxes nas páxinas de conversa.

Graciñas, un saúdo e a seguir! --RubenWGA (conversa) 22 de marzo de 2021 ás 15:50 (UTC)Responder

RE: Bandeira das Parroquias editar

Se non é unha bandeira oficial non pode estar no recadro; podería que se empregue oficiosamente por algunha institución oficial e entón si sería unha bandeira con uso e xa se podería falar de engadila. Pero unha bandeira non oficial que non se sabe quen a fixo nin quen a emprega non debería estar no artigo.--HacheDous=0 (conversa) 22 de marzo de 2021 ás 16:11 (UTC)Responder

Edicións non construtivas editar

  Dámosche a benvida á Wikipedia. Aínda que convidamos a todo o mundo a que contribúa na Wikipedia, algunha das túas edicións recentes semella non ser construtiva e foi revertida ou eliminada. Por favor, usa a zona de probas para realizar probas de edición e bótalle unha ollada á páxina de benvida para aprender máis sobre como colaborar nesta enciclopedia. Grazas. --RubenWGA (conversa) 30 de marzo de 2021 ás 13:30 (UTC)Responder

Referencias en contribucións recentes editar

 

Ola, Glr2007. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso sigue os seguintes pasos:

 
Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
 
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoller unha segundo o tipo de cita.
 
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --RubenWGA (conversa) 6 de setembro de 2021 ás 11:39 (UTC)Responder